O equipo laranja cumpre o seu sexto partido de Liga sen perder, oito sumando os dous últimos da Copa do Rei
Burela 19 de novembro, 2022. Esta tarde, ás 18.45 horas tivo lugar o encontro Full Energía Zaragoza – CD Burela FS no C.D.M. La Granja de Zaragoza. Nunha primeira parte bastante igualada e con poucas ocasións para os dous equipos, no inicio do partido o CD Burela FS ponse por diante no marcador cunha pegada exterior de Antón Arnejo no minuto 5. Posteriormente, no 16, cunha situación de segundo pau de Nando chega o 0-2 para o conxunto mariñán, que se mantén ata o descanso.
Na segunda metade comenza a tensión para o CD Burela FS, que sofre bastante a presión do equipo local, mantendo o tipo en grande parte grazas a un tremendo Michal Kaluza que salva ao equipo de tres situacións moi claras a favor dos zaragozanos, que podería haber dado a volta ao encontro. No minuto 29 Alejandro Pasamón consegue o gol do Colo Colo e intentando chegar ao empate recorre ao porteiro-xogador durante os últimos minutos, pero trais unha moi boa defensa do Burela FS chega o 3-1 de David Pazos a porta baleira.
Un encontro moi igualado cunha segunda parte máis sufirda para o Burela pero que soubo solventar cunha boa defensa e un moi bo porteiro, levándose os tres puntos á casa outra vez máis, acumulando enerxía de cada vitoria e demostrando os bos resultados dun bo traballo diario.
Ficha Técnica:
Full Energía Zaragoza: Óscar Chaparro, Fran Tabuenca, Muinesa, Jorge Tabuenca, Guille – cinco inicial- Juan Zardoya, Aitor Abenia, Alvarito, Adan Fonfria, Alejandro Pasamón, Shunta, Nano e Iván Romero.
CD Burela FS: M.Kaluza, Pitero, Isma, David Pazos, Eloy, – cinco inicial- Lucho, Nando, Rikelme, Alberto Mirás, Antón Arnejo e Bruno.
Goles: Min.5 Antón Arnejo 0-1; Min.16 Nando 0-2; Min.29 Alejandro Pasamón 1-2; Min.39 David Pazos 1-3.
Equipo Arbitral: Joel García Ribera, Xabier García Sánchez, Susana Paraíso Sopena, Eduardo Sierra Gimeno.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.


