Burela, 29 de novembro de 2022. O vindeiro xoves, 1 de decembro, haberá pleno ordinario no Concello de Burela. Na sesión someterase a aprobación o Plan de Acción enmarcado dentro do Pacto Global de Alcaldes polo Clima e a Enerxía e seguirá adiante a tramitación para adquisición de solo dotacional por parte do Concello co obxectivo de crear diferentes servizos públicos.
O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “o xoves temos un pleno ordinario no que se van tratar dous puntos importantes. Un deles é sobre a participación de Burela no Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), que é unha asociación na que estamos case 300 concellos porque preocupa moito a cuestión medioambiental e o cambio climático, ao que hai que ir dando solución para que isto non nos condicione de tal maneira que poida prexudicar á organización normal da sociedade e á forma de vivir que temos agora”.
O rexedor considera que “hai que dar pasos en firme e por iso o compromiso de todos os concellos é vital; así o entenden xa desde Europa, onde se indica claramente que os concellos deben ser os primeiros en implicarse e levar a cabo accións para mitigar o efecto do cambio climático e adaptarse a el. O que levamos a aprobación no pleno é o plan de acción, que é exemplar; levou traballo facelo pero está moi ben confeccionado, informa moito do que pasa en Burela e ademais ten uns obxectivos claros, que se marcan en 21 fichas, para que o cambio climático e o medio ambiente sexan protagonistas e adaptar as formas de vida, como o aforro enerxético, para garantir que o clima e o medio ambiente vaia estar máis ou menos controlado. É un documento que vai ser aprobado, loxicamente, e que vai servir como referencia para organizar actividades para mitigar o cambio climático e aplicarnos no medio ambiente”.
Sobre o solo dotacional Llano comentou que “outro asunto que imos resolver, espero que dunha forma positiva, é a aprobación definitiva do expediente dun terreo dotacional e unha vez que se normalice a situación imos proceder aos pagos para facernos xa con estes terreos para utilizalos e empregalos para servizos públicos. Outro terreo, que está ao lado e que forma parte doutro expediente, é tamén moi importante para nosoutros porque é onde queremos situar unha serie de servizos públicos interesantes e necesarios, como son unha residencia para persoas con discapacidade. Neste caso vaise aprobar inicialmente o proceso para normalizar a situación”.
E engadiu que “ademais nunha zona enfronte do cemiterio parroquial, ao lado da Avenida da Mariña, hai un terreo que ten aproximadamente 1.200 metros cadrados e vamos proceder á expropiación para facer un espazo público, con mobiliario e vexetación, para que sexa un lugar de encontro e para estar a gusto. Isto favorecerá tamén aos propietarios deses terreos porque aí non se pode facer edificacións”.
O alcalde burelés subliñou que “grazas a estas adquisicións por parte do Concello de todos estes terreos dotacionais e de servizos van quedar para o futuro para abarcar todo tipo de proxectos que poden ser moi bos e interesantes para o noso concello”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



