José Tomé Roca, que estivo acompañado pola Subdelegada do Goberno, cumpriu co compromiso de financiar dende a Deputación a dotación destes dispositivos para mellorar a seguridade e protección da cidadanía
Lugo, 8 de novembro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, entregou este martes pola tarde tres desfibriladores ás comisarías da Policía Nacional da provincia, en Lugo, Monforte de Lemos e Viveiro. José Tomé recibiu no Pazo de San Marcos por este motivo á Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ao xefe provincial da Comisaría da Policía de Lugo, José María Esteban Corral, o inspector xefe da Comisaría Local de Viveiro en funcións, Roberto Saa Ramos, e á inspectora xefa da comisaría de Monforte de Lemos, Mónica Gutiérrez.
O mandatario provincial cumpriu así o compromiso de financiar dende a institución a dotación destes dispositivos para mellorar a seguridade e protección da cidadanía ante posibles fallos cardíacos cunha medida que vai na liña do que recomendan as organizacións de profesionais sanitarios e do que promove a propia Deputación.
O Presidente enmarcou esta colaboración na vontade da institución provincial de cooperar con outras administracións e cos corpos e forzas de seguridade do Estado para sacar adiante iniciativas en beneficio da cidadanía.
Pola súa parte, a Subdelegada do Goberno en Lugo agradeceu á Deputación e ao seu Presidente a colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade de Estado para que as tres Comisarías da Policía Nacional na provincia conten con este novo equipamento, que protexerá ao persoal de servizo e a calquera cidadán ante unha emerxencia cardíaca, “pois é un beneficio para o conxunto da provincia”.
Deste xeito, Isabel Rodríguez sinalou a importancia do recoñecemento rápido ante unha situación de parada cardíaca sobrevinda e o uso precoz dun desfibrilador para reverter este tipo de emerxencias sanitarias. “Con esta iniciativa demostramos a importancia da colaboración entre administracións para responder ás demandas da cidadanía e garantir os mellores servizos públicos”, destacou a Subdelegada.
Os expertos en cardioloxía aseguran que, en situación de parada cardiorespiratoria, cada minuto que pasa sen atención diminúe nun 10% a probabilidade de supervivencia. Ao cabo de dez minutos, as posibilidades son mínimas, polo que a reanimación debe comezar de forma inmediata ou o máis rápido posible. Por iso, dixo Tomé, “é tan importante contar con equipos desfibriladores nas instalacións e espazos públicos para reducir ao mínimo posible o tempo de reposta ante unha parada respiratoria. Estamos falando da diferencia entre a vida ou graves secuelas, ou mesmo a morte”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



