Trátase da planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP Renovables; a factoría de pneumáticos de Sentury e o proxecto Triskelion para a xeración de metanol, sumando máis de 860 millóns de euros
As Pontes (A Coruña), 22 de decembro de 2022. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou esta tarde a colaboración coa Asociación Empresarial Seara para que As Pontes atope na transición enerxética un futuro de oportunidades para a industria.
Conde, que participou nun encontro con empresarios celebrado na sede desta organización, salientou as alternativas industriais que a comarca ten ante si. Así, os tres proxectos industriais estratéxicos declarados en Galicia ata este momento teñen todos a súa base na contorna: a planta de hidróxeno verde que Reganosa e EDP Renovables prevén desenvolver cun investimento de 156M€; a factoría de pneumáticos de Sentury, con máis de 530M€ e 750 empregos vinculados; e o proxecto de Forestal del Atlántico (Triskelion) para a xeración de metanol, con 175,9M€. Os tres suman máis de 860 millóns de euros.
Entre as iniciativas previstas para a zona atópanse tamén a bioplanta de Ence para a produción de novos materiais; Iffe-Biotech, nas Somozas para producir aceites omega-3; a nova fábrica de compoñentes para eólica mariña que Nervión Naval Offshore vai construír no porto exterior de Ferrol; ou a central hidroeléctrica reversible promovida por Magtel.
Conde resaltou o compromiso da Xunta de Galicia por buscar alternativas industriais para toda esta zona declarada como Zona de Transición Xusta, e apuntou que entre os reclamos cos que conta Galicia se atopan a Lei de simplificación administrativa, tratando de poñer as máximas facilidades para captar investimentos, e a aposta pola industria verde.
O responsable de Economía, Industria e Innovación indicou que a transición enerxética ten que ser sinónimo de oportunidades para a industria, e por iso desde a Xunta se busca dar impulso ás enerxías vinculadas ao desenvolvemento industrial de Galicia. Nun contexto no que o prezo eléctrico condiciona tanto a actividade das empresas, as renovables é a opción para que os grandes proxectos que se van poñer en marcha vexan cubertas as súas necesidades enerxéticas.
Na zona das Pontes é necesario determinar o destino dos 1.400MW de capacidade dispoñible no nó existente para ver a compatibilidade no proceso de desmantelamento da central térmica das Pontes con proxectos industriais e enerxéticos.
Saúdos do Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



