O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu este venres ao concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Mondoñedo no auditorio Pascual Veiga. A institución provincial colabora con esta entidade a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos cunha achega de 33.000€. Con este acordo, sufrágase o salario e os seguros sociais do director e dous mestres da escola. Este é un centro que depende do Concello e desenvolve a súa actividade ao longo de todo o ano. Na actualidade conta con 70 alumnos e alumnas de diferentes concellos da Mariña que se forman nesta escola, fundamental pola súa contribución e posta en valor da cultura musical.
A Deputación asiste ao concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Mondoñedo
A Deputación asiste ao concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Mondoñedo
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
En marcha os Premios de Poesía Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome de Mondoñedo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela