Cervo, 12 de decembro, 2022. Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado 17 ás 12:00 unha charla na Casa da Administración de Sargadelos na que se presentarán os datos obtidos trala escavación realizada polo Gabinete de Arqueoloxía e a Universidade de Santiago de Compostela no ano 2020 no lugar do Coído (Cervo, Lugo). A conferencia correrá a cargo das arqueólogas María Martín Seijo e María José Bóveda Fernández, responsables da escavación e do estudo realizado neste sitio arqueolóxico. O estudo en laboratorio, e a realización dunha datación por luminiscencia dun dos fragmentos cerámicos achados no xacemento, permítelles ás autoras deste traballo realizar para todo o conxunto unha proposta de adscrición cronolóxica na Idade do Bronce.
A intervención arqueolóxica, promovida pola asociaciación socioculural Mariña Patrimonio, foi subvencionada cunha axuda da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e contou coa colaboración do Concello de Cervo, propietario dos terreos onde se levaron a cabo as catas arqueolóxicas.
O xacemento arqueolóxico de O Coído foi descuberto nas proximidades do polígono industrial de Cuíña no 2010 por membros de Mariña Patrimonio. Dita asociación, tras observar no lugar milleiros de fragmentos cerámicos, informou nese momento sobre este particular á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Alen diso, á vista do interese que espertaron estes restos entre os arqueólogos que visitaron o xacemento, a citada asociación promoveu unha intervención arqueolóxica de cuxos resultados se informará na charla prevista para o próximo sábado.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



