Ribadeo, 31 de decembro de 2022. Fernando Suárez na súa derradeira mensaxe de fin de ano como alcalde asegura sentirse orgulloso do traballo realizado xunto ás súas compañeiras e compañeiros. Di que entregou os mellores anos da súa vida á causa de Ribadeo. Fala da residencia de maiores, da reforma do hospital asilo e dos orzamentos de 2023.
Na mensaxe que se pode ver e escoitar nas súas redes sociais sinala que “neste ano que está a piques de marchar, que foi un ano especial, un ano no que saímos por fin daquela desgraza que foi o covid, é certo que agora temos outros problemas e como sociedade temos que enfrontarnos a novos retos, pero estou confiando en que sairemos adiante como sempre fomos saíndo”.
O alcalde de Ribadeo manifesta: “esta mensaxe de fin de ano é tamén a de resumo deste mandato, que vai rematar dentro de pouquiños meses, un mandato que máis que durar 4 anos parece que durou dous e medio polo que nos quitou de vida o covid e polas cousas e proxectos que tivemos que cambiar ou deixar de facer, pero por outra banda pola intensidade coa que vivimos, polo que aprendemos a convivir cunha pandemia ao final case parece que foron seis anos”.
Suárez Barcia considera que “con todo aínda fomos facendo ben cousiñas na vila e nas parroquias. Penso que poucos mandatos foron tan importantes para Ribadeo, onde non paramos un minuto e estivemos e estamos modernizando as rúas, paseos, avenidas, espazos públicos, deportivos ou de lecer coma nunca. E igual coas infraestruturas e os servizos para as nosas parroquias tanto da costa como do interior. Os meus compañeiros e compañeiras demos o mellor de nós mesmos para devolver con traballo a confianza que a maioría da cidadanía depositastes en nós en maio de 2019”.
O rexedor referiuse á decisión que deu a coñecer o pasado 17 de decembro: “xa seguro que sabedes que esta vai ser a derradeira mensaxe de fin de ano como alcalde de Ribadeo, xa que non me vou presentar como candidato nas vindeiras eleccións municipais de maio, xa sabedes aquel dito de que todo o mundo é necesario, pero ninguén é imprescindible”.
Fernando Suárez subliña: “pola miña parte dicirvos que entreguei os mellores anos da miña vida á causa de Ribadeo e pódovos confesar que me sinto moi orgulloso de todo o que levamos feito xunto cos meus compañeiros e compañeiras. E nunca me cansarei de dicir que non houbo experiencia máis gratificante nin que me enchera de maior orgullo que ser alcalde do meu pobo durante todos estes anos. Voume ademais pensando que as persoas que me acompañaron nesta andaina, capaces, prudentes, experimentadas e traballadoras, seguirán nesta liña de transformación de Ribadeo”.
O rexedor engade na súa mensaxe de fin de ano: “xa temos aprobado o orzamento municipal para o ano 2023, e que entrará en vigor mañá mesmo o día 1 de xaneiro. Moitos proxectos para continuar e moitos para abrir, un deles moi significativo. Hai varios anos demos moita guerra e conseguimos ter unha residencia de maiores marabillosa e que hoxe é o fogar de 47 persoas. Agora este ano poñeremos toda a nosa experiencia, toda a nosa forza e todos os nosos recursos para facer doutra vella residencia, o hospital asilo, unha nova e moderna dentro dun tempo. Ribadeo meréceo. E queremos confiar nesa administración que moito ofrece, pero que logo nunca da como é a Xunta, e a ver si toma exemplo desa outra que pouco fala e moita da, como é a Deputación de Lugo. Os veciños e as veciñas ben entenden do que lles falo”.
E conclúe: “remato xa, como remata este ano, aproveitando para gastar as últimas Panchas no comercio local e no sector servizos e que teñades unha boa noitevella e un mellor ano 2023. Saúde, terra, agora e sempre”.
https://www.facebook.com/fernando.suarezbarcia/videos/1525184257958176
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



