Foz, 29 de decembro de 2022. O Concello de Foz acorda co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a cesión da titularidade do edificio da residencia de maiores e centro de día. O Concello reclamou a propiedade do edificio ante o abandono da Xunta das súas propias competencias, pero o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar obrigaba ao Concello a botar fóra aos actuais residentes e traballadores para xestionar o servizo, unha “liña vermella para o Concello que non estivemos dispostos a cumprir en ningún caso: sería ilegal e inmoral”, segundo manifesta o alcalde, Fran Cajoto.
O Concello de Foz mantivo unha reunión de traballo este xoves no edificio administrativo de San Lázaro co Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Este encontro deriva da solicitude urxente de reunión que fixo o alcalde de Foz á conselleira de Política Social, Fabiola García. “Recibiunos o xerente do Consorcio por problemas de axenda da Conselleira, a pesar de que Fabiola Martínez en doce días hábiles que pasaron desde que solicitamos a reunión urxente o 14 de decembro, só tivo dous compromisos oficiais, os días 20 e o 21 de decembro, segundo a súa propia axenda institucional. Gustaríanos expoñerlle á conselleira a obriga legal e moral que ten a Xunta para xestionar unha residencia que é da súa competencia e da súa propiedade, onde os usuarios só pagarían como máximo o 80% da súa pensión. Gustaríanos arrincarlle un compromiso á conselleira para unha nova infraestrutura xa que a actual, con 40 prazas ocupadas e 150 persoas en lista de agarda para entrar, non cobre nin sequera minimamente as necesidades dun concello como Foz, pero non foi posible, unha vez máis”, explica Fran Cajoto.
O rexedor municipal engade que “foi unha reunión á que se sumou o voceiro do Partido Popular de Foz, Javier Jorge Castiñeira, nun xiro de guión” que o alcalde espera que “non sexa só verniz e se manteña no tempo, leal ás veciñas e veciños de Foz por diante dos intereses de partido. No pleno extraordinario rexeitou de forma directa, clara e rotunda, diante dos traballadores e familiares da residencia, colaborar co Concello e facilitar ningunha reunión pero o venres mudou de idea: esperamos que non fora só para saír na prensa”.
O alcalde de Foz demandou ao xerente do Consorcio financiamento anual para soster unha competencia que é da Xunta de Galicia, tanto no referente ao custo do servizo como do mantemento do edificio, pero a resposta foi negativa: “o escenario ao que nos empuxa a Xunta é a suba dos prezos a residentes e o incremento dos impostos municipais, xa que non hai compromiso de financiamento. O xerente do Consorcio comprometeuse unicamente a intentar conseguir unha partida de 20.000 ou 25.000 euros para instalacións do edificio, que esperamos que faga efectiva”. Ante a negativa do Consorcio a exercer as súas propias competencias, o alcalde solicitou, en nome do Concello e tal como se acordou no pleno do 21 de decembro, a propiedade do edificio e dos terreos da residencia, “para, cando menos, poder xestionar o servizo con previsión e seguridade xurídica. Queremos resolver este problema de forma definitiva, de aí que solicitaramos a propiedade do inmoble. O compromiso do Consorcio é pasarnos a principios de xaneiro un borrador de convenio por 4 anos que inclúa a cesión da titularidade do edificio antes da finalización do convenio”, explica Fran Cajoto.
“Asumimos obrigados este novo convenio para que o Consorcio teña tempo suficiente neste período para transmitirlle ao Concello de Foz a titularidade da residencia, compromiso que solicitamos, por suposto, por escrito. Axilizaremos no posible a licitación do servizo unha vez o Consorcio prepare a documentación necesaria, coa máxima clara de traballar por Foz e cumprir coas veciñas e veciños ante o abandono da Xunta das súas propias competencias nun edificio que de momento segue a ser da súa propiedade”, remata o alcalde.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



