O portavoz popular afea á alcaldesa nacionalista o seu desinterese por embelecer a vila e por promocionala debidamente
Barreiros, 12 de decembro de 2022. O goberno local de Barreiros ten dado ao longo do mandato claras mostras do seu desinterese por embelecer a vila, por coidar o detalle. E, unha vez máis, o equipo presidido pola alcaldesa Ana Ermida confirma o desinterese e ten a vila sen alumeado festivo de Nadal. Así o indica o portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, que insta a Ermida a facer as xestións necesarias para a súa inmediata instalación, tanto na zona urbana como nas parroquias.
Gómez Puente destaca que son numerosos os veciños que protestan polo feito de que a vila de Barreiros se converta nunha excepción por carecer da iluminación festiva propia destas fechas. Neste sentido, o portavoz popular di: “O alumeado festivo crea ambiente nas rúas e anima á xente a saír e disfrutar da hostalería e do comercio local”.
Os populares sinalan que se a alcaldesa falase cos veciños, cos hostaleiros e cos comerciantes vería que están moi descontentos pola falta de alumeado festivo. “Habería que preguntarlles aos nenos que lles parece que a súa vila non teñas luces festivas nestes días, xa case ao comezo do Nadal”. Gómez Puente engade: “E dende logo non se pode esquecer o goberno municipal de que tamén a estes efectos existen as parroquias”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



