Mondoñedo, 6 de decembro, 2022. Ven de reunirse o xurado designado polo Excmo. Concello de Mondoñedo para valorar as fotografías presentadas ao VII Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” e, da súa xuntanza, derivouse a seguinte terna de gañadores:
1º Premio para Dna. Andrea Gacio García
2º Premio para D. José Miguel Martínez Fanego
3ª Premio para D. José de la Fuente Requejo
Para o concurso presentáronse 31 fotos das que, ademais da terna de gañadores, extractáronse outras 10 fotos máis a criterio do xurado, que xunto coas tres premiadas conformarán as imaxes do calendario do Concello de Mondoñedo do ano 2023.
A entrega de premios, que terá lugar nos vindeiros días e coincidirá coa presentación do calendario oficial do Concello de Mondoñedo.
Concello e xurado agradecen a participación cidadá neste concurso e emprazan á veciñanza para o concurso do vindeiro ano.
O xurado estaba composto por:
Presidente – D. Alberto García – Concelleiro de Cultura. Con voz e voto.
Vogal – Dna. María Patricia Otero – Concelleira Camiño Norte. Con voz e voto
Vogal – Dna. Pepa Losada – Fotógrafa de La Voz de Galicia. Con voz e voto
Vogal – D. José Álvez – Fotógrafo de El Progreso. Con voz e voto.
Vogal – D. Gil Ares – Persoal do Concello de Mondoñedo. Con voz e voto
Secretario – D. Abel Vigo – Persoal do Concello de Mondoñedo. Con voz sen voto.
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



