O delegado territorial da Xunta en Lugo indicou que se trata dunha medida pioneira e 3.873 contan polo menos cunha dose, cunha taxa de cobertura acumulada de case o 50%
Lugo, 26 de decembro de 2022. Preto de 2.000 nenos e nenas da provincia de Lugo menores de 5 anos recibiron xa as dúas doses da vacina da gripe nos tres hospitais da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, aportou os datos rexistrados ata o pasado venres durante a visita ao punto de vacinación no Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula), onde se está a completar o proceso de administración de vacinas. Neste sentido, sinalou que a cifra dos que contan polo menos cunha dose na provincia ascende a 3.873 nenos e nenas. Deste xeito, a taxa de cobertura acumulada desde o inicio da campaña é do 49,8%.
A Consellería de Sanidade incluíu este ano no calendario de vacinación infantil a opción da vacina antigripal tetravalente para os menores de entre 6 e 59 meses, para “achegar tranquilidade ás familias ante a preocupación polo aumento das enfermidades respiratorias entre os nenos e nenas”, segundo indicou Arias.
Trátase dunha medida pioneira entre as comunidades autónomas coa que se pretende evitar a transmisión desta doenza entre a poboación, xa que está demostrado que os menores constitúen o principal motor de transmisión da gripe.
O delegado afirmou que Galicia conta co calendario de vacinación infantil máis potente de toda España, ademais de ser a comunidade autónoma con maior porcentaxe de poboación vacinada contra a Covid. “A Xunta segue a reforzar a sanidade pública, neste caso ampliando o calendario de vacinación infantil, que conta xa coa vacina do papiloma para nenos, a do meningococo B e a antigripal tetravalente, totalmente gratuítas para as familias”, asegurou.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



