Viveiro, 24 de xaneiro de 2023. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu esta mañá no concello á nova inspectora xefe da Comisaría de Policía Nacional de Viveiro, María Begoña Caínzos Piñeiro. O encontro serviu de presentación oficial tralo seu nomeamento este mesmo mes de xaneiro, e tanto a rexedora como María Begoña Caínzos amosaron a súa total disposición para manter os lazos de colaboración entre ambas institucións, que redundan no servizo á cidadanía.
“A seguridade dos veciños e veciñas de Viveiro é unha prioridade para este Goberno”, subliñou María Loureiro, quen insiste na excelente relación que existe entre o Concello e a Policía Nacional, “baseada na cordialidade e na axuda mutua, traballando sempre en beneficio da nosa veciñanza”.
“Viveiro é afortunadamente un municipio cun baixo nivel de delincuencia grazas á labor diaria das forzas e corpos de seguridade e a colaboración entre eles”, engadiu a alcaldesa de Viveiro.





















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



