Mónica Freire volveu reclamar á Xunta que cumpra coa produción ecolóxica
Lugo, 31 de xaneiro de 2023. O BNG acadou a unanimidade do Pleno provincial para reclamar ao goberno do Estado e á Xunta de Galicia que prioricen os investimentos en construción e mantemento das vías que vertebran a provincia de Lugo, e especialmente na Autovía da Mariña e a VAC/VAP Costa Norte, entre San Cibrao (Cervo) e San Sadurniño.
No Pleno provincial celebrado esta mañá, o voceiro nacionalista Efrén Castro referiuse a situación provocada polo socavón na N-642 como caso paradigmático do “abandono” da provincia por parte dos gobernos estatal e galego. “Un problema nunha estrada deixou A Mariña partida pola metade e puxo unha vez máis de manifesto que as reiteradas peticións de investimentos nestas infraestruturas non son un capricho. Son investimentos imprescindibles para vertebrar e conectar a comarca”.
No que respecta á situación da N-642, o BNG demanda ao goberno do Estado que execute, á maior brevidade posible, as obras necesarias para reabrir ao tránsito rodado o tramo derrubado na N-642 en A Mariña, en condicións de seguridade e normalidade.
A iniciativa tamén urxe actuacións de reparación integral do firme das estradas N-540 e N-120 para dar solución definitiva ao problema que se agrava todos os anos coa chegada do mal tempo, e axilizar a execución da a A-56, entre Lugo e Ourense.
Zona de emerxencia de interese galego
O Pleno provincial tamén aprobou por unanimidade a proposta do goberno provincial para reclamar á Xunta de Galicia que declare as zonas afectadas polos temporais como “zona de emerxencia de interese galego” e habilite unha liña de axudas económicas para que as entidades locais -concellos e Deputación- poidan facer fronte aos danos rexistrados.
Efrén Castro sinalou que “se trata dunha demanda lóxica, que pide á Xunta que actúe no ámbito das súas competencias, dacordo coa Lei de Emerxencias de Galicia” e sinalou a intención do grupo provincial popular de diluir, durante o debate, a responsabilidade do goberno galego neste ámbito. “Cada vez que traemos aquí unha demanda que apela á Xunta de Galicia, póñense de perfil”, lembrou referíndose a iniciativas presentadas en relación coa sanidade, a atención ás persoas maiores ou os investimentos en infraestruturas.
Axudas á produción ecolóxica e defensa do sector primario
Durante as súas intervencións no debate plenario, a deputada Mónica Freire volveu reclamar á Xunta de Galicia que amplíe o orzamento das axudas á produción ecolóxica para atender as solicitudes presentada no 2022, tal como se demandou por unanimidade no pleno de decembro a iniciativa do BNG.
A responsable de Medio Rural no goberno provincial sinalou a “falla de planificación” e a “incapacidade de xestión” da consellería do ramo. “Gran parte dos problemas que estamos vivindo agora con estas axudas á agricultura ecolóxica veñen de moito atrás. A Xunta de Galicia leva 4 anos sen convocar estas axudas, e cando o fai, comete erros, non só de previsión orzamentaria, senón tamén de criterios de elixibilidade que deixan fóra ao 85 % das solicitudes de novas incorporacións”, lembrou a deputada nacionalista.
En relación co sector primario, lembrou tamén as iniciativas presentadas nas últimas semanas polo BNG no Parlamento e no Congreso solicitando ao goberno do Estado a redución do IVE do peixe. “Soamente entre outubro do 21 e outubro deste pasado 22, a caída do consumo de peixe reduciuse un 16%, de polo un 14%, de porco un 10% e de vacún un 15%. Realmente preocupante pola alimentación da poboación e tamén pola saúde dos sectores produtivos destes alimentos”, concluíu.
Apoio a manifestación nacional en defensa da sanidade pública
O Pleno tamén abordou a situación da sanidade pública a partir dunha moción do BNG, aprobada cos votos do PSOE, en apoio á manifestación nacional pola mellora da sanidade pública galega que a Plataforma SOS Sanidade Pública convocou para o vindeiro 12 de febreiro, en Compostela.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



