Cervo a 30 de xaneiro, 2023. Esta fin de semana celebráronse na localidade leonesa os campionatos de España 3D Indoor e de sala das modalidades de arco tradicional, nu e arco longo.
O Campionato de España 3D Indoor comezou o venres coas eliminatorias nas que destacou na categoría de arco espido o arqueiro Santiago González Villares, rematando en primeira posición con 432 puntos (528 máximos posibles) en 48 figuras colocadas a diferentes distancias que todos eles descoñecen. Ademais do hándicap da puntería, tivo que facer un adecuado cálculo da distancia para non fallar ás figuras. Con esta puntuación, tamén bate o seu rexistro persoal situado en 429 puntos obtido o 28/01/2022 tamén no Campionato de España de 3D indoor celebrado en Marina D’or (Castellón). O sábado disputouse os Pool (ligas eliminatorias), da que se libraría ó conseguir o primeiro posto da serie clasificatoria, que o levou directamente a semifinais.
En semifinais, o seu primeiro partido sería ante o seu compañeiro da selección galega, Luis Miguel Suarez González, ao que venceu por 36 puntos a 32. A final sería ante o madrileño Juan José Ibañez de Saz, un erro na localización do punto de morte da primeira figura cara a súa frecha golpeando o corpo da figura pero fóra das puntuacións de maior valor, cunha diferenza de tres puntos, o resto do lanzamento foi moi axustado, empatando a deces na segunda entrada e é a terceira entrada que fixo que o arqueiro mariñán se despedise de subir ao máis alto do podio, posto que logrou cravar a súa frecha na zona do 8, porén o seu rival foi máis atinado acertándolle ao 10. Xa no cuarto e último encontro cunha diferenza de 5 puntos, ámbolos dous arqueiros lograron cravar as súas frechas na zona de dez, relegando a Santi ao segundo posto, proclamándose subcampión de España de tiro con arco en 3d Indoor 2023.
O domingo celebrouse no mesmo recinto o tradicional campionato de arco, espido e arco longo. Pola mañá celebrábanse as series clasificatorias, onde Santiago logrou clasificarse en segunda posición, pola tarde disputábanse as eliminatorias a partir do 1/16. Neste primeiro encontro enfrontouse ao representante andaluz Alberto Teva Sánchez ao que venceu por 6 a 2 puntos de Set, pasando a 1/8 ante o catalán, derrotando a Francisco Sierra Jiménez co mesmo resultado en puntos de set que na eliminatoria anterior. Indo a 1/4 ante o murciano Diego Gómez Carrillo, superándoo por 7 a 3 puntos de Set, xa en semifinais o encontro disputaríase contra un vello coñecido, Ricardo García Lavilla, o castelán-leonés gañoulle o ano pasado no campionato 3D en aire libre; pero nesta ocasión, aínda que foi un oso moi duro de roer, xa que Santi comezou coa vantaxe de 4-0 nos puntos de set, pero Ricardo fixo valer as súas táboas e puido remontar o encontro ata o punto de que ambos arqueiros chegaron a un empate a 5 puntos tendo que resolvelo cunha soa frecha. O arqueiro do Iadovi foi máis atinado estrelando a súa saeta no centro da diana contra o 6 de Ricardo, que lle daría o pase á final do Campionato, esta sería ante o madrileño Antonio Huerta Alonso, pero aínda que a tensión era palpable, Santiago amosou unha técnica impresionante, logrando o ouro cun rotundo 6-0 a puntos de set.
Por outra banda, na Coruña celebrouse o Trofeo Torre de Hércules de arcos recurvos e tradicionais en forma de eliminatorias continuas organizados polo Club The Cutarc Team. Ata alí foron os representantes en arco recurvo destacando o arqueiro Sergio López que se fixo co primeiro posto tras derrotar aos seus seis opoñentes.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.

