A portavoz de Sanidade acusou á Consellería de Sanidade recriminou unha situación para as e os profesionais sanitarios onde “falta estabilidade, faltan condicións laborais dignas, mais sobra a improvisación do Goberno do PP”
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro 2023. O BNG emprazou no Parlamento ao Goberno do PP a exercer as súas responsabilidades ampliando a oferta prazas MIR e as taxas de reposición de profesionais sanitarios para garantir a estabilidade dun sistema público de saúde que leva soportando 14 anos os recortes dos Populares.
“Hoxe volvemos escoitar o relato no que o PP leva instalado dende hai tempo, responsabilizar a outros do seu desastre, minando o autogoberno”, recriminou a portavoz de Sanidade, Montserrat Prado fronte unha consellería de Sanidade que “non planificou e non coñece a realidade dos datos” e “responsabiliza a outros do que non fai nas súas competencias”. De feito, remarcou Prado, o BNG sinalara que nos propios informes da Xunta “poñíase negro sobre branco a necesidade de tomar medidas para garantir o relevo xeracional. Fixeron caso omiso. Que fixo o PP? Votar en contra. Sabía vostede o que ía acontecer? Sabían os conselleiros o que ía acontecer? Si”, criticou.
O Executivo dos Populares, criticou a parlamentaria nacionalista, reduciu o orzamento en Sanidade e, especialmente, o orzamento e non adecuar as demandas de formación ás necesidades galegas. De cada dez profesionais xubilados só se repuxo un, non se convocan prazas suficientes”, denunciou. Un sistema público de saúde, en definitiva, no que “falta estabilidade, faltan condicións laborais dignas, mais sobra a improvisación do Goberno do PP”, remarcou.
Fronte esta situación, expuxo Prado, “a cidadanía sae á rúa para reclamar medidas porque a Atención Primaria está facendo augas e o PP non quixo escoitar. Puxeron o acelerador para chegar á meta do esnaquizamento da sanidade pública”. Emprazou á Consellería de Sanidade a convocar o número suficiente de prazas MIR para cubrir a demanda e incidiu na precarización da especialidade de medicina Familiar e Comunitaria, “non se prestixia, porque é a grande descoñecida e, sobre todo, pola alarma que se xera ao teren a formación, profesionais escandalizados pola situación precaria na que teñen que traballar, ata o punto de que o 60% dos que entran non se queren quedar na Atención Primaria”, concluíu.



















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



