Visitou o centro de saúde tras a rehabilitación e o centro escolar Antía Cal, no que tamén haberá melloras e que acolle un punto de atención á infancia
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro do 2023. A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a súa visita ao concello de Muras para contrastar o modelo BNG, en defensa dos servizos públicos desde os gobernos locais que lidera, fronte a un PP empeñado en desmantelar o público a favor do privado, en especial na sanidade.
Pontón coñeceu da man do alcalde, Manuel Requeijo, os investimentos realizados polo Goberno local do BNG para mellorar os servizos que se lle prestan á veciñanza, tanto en materia de sanidade como en educación. En concreto, 260.000 euros na rehabilitación e posta a punto do centro de saúde, -cuxo edificio é de titularidade municipal-, e visitou tamén o centro educativo Antía Cal, que acolle un punto de atención á infancia, e no que se van acometer obras de reparación por parte do Goberno municipal.
“Ante a negativa da Xunta, dende un concello rural, despoboado e pequeno vémonos na obriga de asumir competencias que non son propias”, denunciou Requeijo. A reforma no centro de saúde permite que os veciños e as veciñas dispoñan de persoal médico, persoal de enfermería e persoal administrativo para atender a unha poboación de 900 persoas que, doutro xeito, terían que desprazarse un mínimo de 30 quilómetros para ser atendidas en Vilalba, “con todo o que iso implica para unha poboación envellecida”, alegou Pontón.
No caso do centro educativo, cursan estudos quince escolares de entre cero e once anos, de tal xeito que as familias poden escolarizar aos seus fillos e fillas no propio concello. Manuel Requeijo explicou que a reforma era indispensable polo deterioro da infraestrutura, ao supor un “perigo para os nenos e nenas que asisten alí a clases”.
“Sen os investimentos do goberno municipal do BNG estes nenos e nenas terían que desprazarse ata Xermade, a 20 quilómetros da súa residencia, dificultando por exemplo a conciliación dos pais e nais”, engadiu a líder do Bloque.
Pontón, que participará tamén esta tarde na manifestación convocada en Burela en defensa do sistema público de saúde, instou a Rueda a deixar de lado “os parches” e poñerse a traballar “en serio” para sacar a frote a unha sanidade pública que está “ao límite”.
“Levamos trece anos de recortes, privatizacións, con precariedade no persoal médico e colocando á sanidade pública na situación límite que ten neste momento”, denunciou Pontón, en relación a un Partido Popular que en vez de poñer en marcha un cambio “vai de ocorrencia en ocorrencia e poñendo parches sen entrar no fondo do problema”. Así, alega, “vimos como nas últimas semanas pasamos do anuncio de PACs sen médicxs ao anuncio de agora de que persoal que non acabou a súa formación atenda nas urxencias de atención primaria dos PACs”.
Compromiso coa sanidade pública
A líder nacionalista pide ao Goberno do PP “que deixe de lado as ocorrencias e poña solucións á gravísima situación da sanidade pública”, reiterou, ao tempo que recalcaba o compromiso do BNG na defensa do dereito a saúde dos e das galegas.
“Quero enviar unha mensaxe clara a cidadanía: no BNG imos seguir defendendo a sanidade pública porque é unha das grandes conquistas sociais e non imos permitir que haxa nin un só paso atrás”, proclamou. “Fronte a un Partido Popular empeñado no deterioro da sanidade e convertido nun perigo para a saúde dos e das galegas, o BNG ten como prioridade defender uns servizos públicos de calidade para mellorar a vida das persoas”, recalcou.
A líder do Bloque insistiu en que si hai alternativa para darlle a volta a situación de colapso de atención primaria, empezando por un plan de choque de 200 millóns de euros, dotar os centros de saúde de novas especialidades, como psicoloxía clínica, e un plan ambicioso e con investimentos para reducir as listas de espera.























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



