O presidente da asociación barreirense, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha ruta moi satisfactoria tanto polo número de participantes como pola calidez humana dos veciños e veciñas da Rilleira, xa que compartimos uns pinchos ao remate da andaina, para logo todos xuntos participar na misa na honra a San Sebastián”. E engadiu que “o obxectivo do encontro foi moi positivo, xa que fomentamos a convivencia, o exercicio físico, contemplamos o patrimonio de Cabarcos e compartimos as tradicións das parroquias”.
Unha trintena de persoas participaron o pasado sábado na Ruta de San Sebastián polo Val de Carbarcos, que organizou a asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros

Unha trintena de persoas participaron o pasado sábado na Ruta de San Sebastián polo Val de Carbarcos, que organizou a asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros
Relacionado
-
Ribadeo acolleu este domingo a XVIII Concentración Galicia e I Concentración astur galaica de Mercedes W123
-
Alfonso Villares en San Cibrao
-
Ribadeo acolleu este sábado unha xornada de convivencia astur-galaica do Club Rotary ao que asisten integrantes chegados desde Vigo, Coruña, Ferrol, Avilés, Oviedo, Gijón, León e Ponferrada