O corpo foi atopado por un particular no areal da praia. Ao fío das 10 da mañá deste xoves, o alertador comunicaba o achado ao 112 Galicia e nada máis recibir o aviso, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, tamén foron informados os efectivos do GES e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cervo e o persoal do Servizo de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia.
![Atopan o corpo da muller desaparecida en Valdés, Asturias, na praia de A Caosa en Cervo](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/02/2020-10-27-19_32_15-112-galicia_-Busca-de-Google.png)