Empregad@s municipais, veciñanza, o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Obras, Turismo e Festexos, Ramiro Fernández, José Díaz e Toñi Eijo, asistiron este martes á convocatoria realizada polo Concello burelés. O rexedor dixo que “quixemos deste xeito amosar a nosa repulsa polo primeiro asasinato machista cometido neste 2023 en Galicia. E a nosa solidariedade coa familia da vítima, Beatriz Lijó,que sufriu o ataque da súa ex parella diante dos fillos de ambos”.
![Concentración en Burela en repulsa polo asasinato machista de Beatriz Lijó, cometido o pasado domingo en Baiona pola súa ex parella](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/02/070223-Foto-concentracion-Burela-1024x768.jpg)