Ribadeo, 7 de febreiro de 2023. O Concello de Ribadeo sacou hoxe a licitación as obras de mellora na rúa Luz Pozo Garza e nun treito de Virxe do Camiño por un importe de 198.772,76 euros. As empresas dispoñen de vinte días para presentar as súas ofertas.
A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “o Concello de Ribadeo ven de publicar hoxe a licitación das obras de mellora na rúa Luz Pozo Garza e nun treito de Virxe do Camiño por un importe total de 198.772,76 euros. Esta licitación chega logo de que fai unhas semanas o Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron un convenio extraordinario de colaboración para acometer estas melloras”.
A edil ribadense lembrou que “levamos nestes últimos anos facendo un importante esforzo para mellorar numerosas zonas da nosa vila, nalgúns casos con fondos propios do Concello e noutros casos, como neste, coa colaboración da Deputación de Lugo. Fai unhas semanas asinamos un convenio económico extraordinario moi importante coa entidade provincial para poder agora licitar estas actuacións coas que repararemos a totalidade da rúa Luz Pozo Garza e unha marxe de Virxe do Camiño, a próxima ao Xardín de Indianos e á capela da Virxe do Camiño”.
Freire Rancaño dixo: “as melloras de espazos no centro urbano terán continuidade nestes próximos meses con diferentes actuacións e, entre elas, co acondicionamento destas dúas rúas que son dúas arterias importantes da nosa vila e que se atopaban deterioradas por sucesivas reparacións e fugas”.
A concelleira de Obras indicou que “o proxecto que redactaron os técnicos municipais, duns 200.000 euros de orzamento total, contempla a renovación do pavimento das beirarrúas e a capa de aglomerado de toda a calzada da rúa Luz Pozo Garza, complementando novas tubaxes de abastecemento de auga e nova canalización de saneamento cunha nova rede de alumeado xa fixada con criterios de led. Na rúa Virxe do Camiño, fronte ao Xardín de Indianos, vaise substituír o pavimento existente dunha beirarrúa, que está absolutamente deteriorado e é moi perigoso, e vanse renovar tamén as luminarias existentes e o sistema de alumeado, que se atopa fóra de servizo desde hai anos. Na marxe contra a capela da Virxe do Camiño substituiremos e ampliaremos as beirarrúas existentes, coa colación dunha nova sinalética vertical e horizontal”.
Mónica Freire engadiu que “coa publicación hoxe na Plataforma de Contratos do Estado, as empresas interesadas e que cumpran cos requisitos esixidos, dispoñen de 20 días para presentar as súas ofertas”.
Ata a zona se desprazaron o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, e a deputada provincial e concelleira de Obras, Mónica Freire.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



