Foz, 2 de febreiro de 2023. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, reuniuse no entorno da área recreativa de Pico do Castro con membros da asociación Amigos dos Cans de Foz, que levan máis dun ano facendo uso dunha finca privada na zona do Camiño da Cadra para poder ceibar ás súas mascotas. Dentro do programa de ampliación de servizos e de recuperación de zonas verdes, o Concello de Foz está a traballar na creación da primeira área canina da Mariña no entorno do Pico do Castro. O parque canino, que se situará nas vellas instalacións de distribución de gas -xa en desuso- situadas no Pico do Castro e nun prado anexo, ambos de titularidade municipal, vén a atender a demanda da asociación e dun gran número de veciños e veciñas que solicitan un entorno seguro para que os cans poidan correr e gozar do aire libre.
O rexedor municipal explica que “a demolición das vellas instalacións de gas será a conta da empresa de distribución de gas Nedgia: o convenio no que o Concello de Foz cedía a parcela para a distribución de gas expirou ao finalizar a actividade. Para definir e axilizar as tarefas de demolición das vellas instalacións mantivemos o 24 de xaneiro unha reunión sobre o terreo con técnicos da compañía Nedgia, que se comprometeron a realizar os traballos nun prazo máximo de 3 meses despois de conseguir todos os permisos necesarios”.
Hai exactamente dous anos, en febreiro do ano 2021, Fran Cajoto fixera entrega das chaves da canceira municipal á Asociación Asistencial de Protección de Animais de Foz. “O Concello de Foz segue a traballar na protección e na mellora da calidade de vida dos animais, en colaboración con asociacións que fan unha enorme labor, como a Protectora de Foz. Tampouco nos esquecemos da limpeza das rúas, por iso incidimos moito na responsabilidade dos donos na recollida das deposicións das súas mascotas. Estas asociacións son un exemplo do que implica ter un can na nosa familia, os coidados e a responsabilidade que iso conleva”, engade o alcalde.
A construción da área canina será levada a cabo polos alumnos de xardinería do obradoiro de emprego Terras do Ouro 2022, do que ademais do concello focego forman parte os municipios de Alfoz e o Valadouro. Cunha superficie de máis de 2.300 metros cadrados, peche perimetral de 1,5 metros de altura, estruturas de agility e servizos como puntos de auga adaptados ás mascotas, a área canina será a primeira das súas características na comarca da Mariña. “Imos recuperar unha zona degradada cunha inversión reducida, creando un espazo moi demandado por aqueles que teñen no seu can a un máis da familia. O entorno do Pico do Castro ten un acceso peonil seguro despois das obras de urbanización da Costa do Castro e un estacionamento cómodo se nos achegamos con vehículo. Retirar as vellas instalacións de gas, un exemplo claro de feísmo, e a construción do primeiro parque canino da Mariña será un paso máis no Foz que estamos axudando a construír”, remata Cajoto.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



