Este recoñecemento foi acordado por unanimidade no pleno ordinario, ante unha nutrida representación do tecido social e asociativo do municipio, de onde partiu a iniciativa
Cervo, 4 de febreiro de 2023. O Concello de Cervo vén de nomear a Nardo Martínez, fundador de Talleres Martínez, Fillo Adoptivo a título póstumo, recoñecendo así a súa extraordinaria xenerosidade e dedicación ao noso municipio “un veciño exemplar comprometido co seu pobo, humilde, humano e tremendamente preocupado polo desenvolvemento do noso municipio en todas as facetas”, tal e como apuntou o rexedor, Alfonso Villares.
O recoñecemento a Nardo Martínez foi acordado por unanimidade en pleno ordinario, ante unha nutrida representación do tecido social do municipio, de onde partiu a iniciativa de poñer en valor unha traxectoria extraordinaria en prol do municipio de Cervo e da súa veciñanza.
Aínda que naceu na parroquia de Ove en Ribadeo, Nardo sempre foi considerado un cervense máis, xa que neste municipio desenvolveu a súa traxectoria persoal e profesional cuxo máximo expoñente foi a fundación da súa empresa Talleres Martínez no ano 1979, que hoxe continua a súa actividade da man dos seus descendentes, que colleron a testemuña.
Tal e como se recolle no expediente que sustenta este recoñecemento, Nardo foi un home singular feito a si mesmo que soubo aproveitar a súa experiencia vital para compartir con outros o seu tempo e recursos.
Foi un veciño que xerou riqueza económica en Cervo, creando postos de traballo, pero que tamén prestou o seu apoio altruísta en todo canto se lle propoñía “disposto sempre a colaborar con todos”, axudando e impulsando diversas actividades tanto culturais, como sociais e deportivas “dedicando ao pobo parte do beneficio que obtiña como destacado empresario, para que revertese nas súas veciñas e veciños, de moi diversos xeitos”. Así, patrocinou múltiples eventos, equipos deportivos, festivais de música e culturais “prestando un apoio público, sempre a pé de rúa, a todo aquel que o solicitase, con independencia da súa actividade ou condición”.
Nardo sempre foi unha persoa preocupada polo desenvolvemento do seu pobo, ata o punto que foi soporte para moitas destas asociacións que agora se sumaron para brindarlle esta homenaxe a título póstumo “devolvéndolle así en parte esa dedicación por Cervo, esa xenerosidade e espírito filantrópico en beneficio das artes das letras, do deporte…”.
Tanto as asociación que promoveron o nomeamento como a corporación municipal coinciden en que foi un home que serviu ao seu pobo; autodidacta, emprendedor, innovador…”que merece o respecto, o recoñecemento e o deber de facer estimable a súa memoria no Concello de Cervo”.
A entrega desta distinción á familia de Nardo Martínez terá lugar nun pleno extraordinario con data aínda por determinar.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



