Nun encontro cheo de tensión, nunha pista difícil pola presión do rival, o Burela FS perde ante o Lugo Sala.
Burela, 8 de febreiro, 2023. No Pavillón Municipal de Deportes de Lugo, hoxe ás 21.00 o Pescados Rubén Burela FS enfrontábase ao CD Lugo Salga nos cuartos de final da Copa Galicia. Esperábase un partido difícil para o equipo laranxa e así o foi. Aínda que os Pícaros se mostraron superiores, sobre todo durante a primeira metade, moitos ataques, boa defensa aínda que pouco acerto, a segunda parte foi máis revolta.
Comeza Pazos cunha oportunidade ao traveseiro no segundo 20, comeza presionando o Burela e comezan os primeiros cambios, Isma e Pitero primeiro e Antón e Alberto pouco depuois cambiando o cuarteto. Despois dunha falta ao borde da área que tira Pazos, Isma ten outra ocasión na estratexia. Entra Eloy e posteriormente Nito, que por fin volve formar parte do persoal do seu equipo natal despois de varios meses lesionado. Con 4 faltas para o Lugo e 1 para o Burela, os mozos de David Rial manéxase moi ben, con xogo de 3-1, son claramente superiores e teñen máis ocasións, pero non atopan o gol. A partir do minuto 10 comeza a apertar o Lugo cunha ocasión de Iago Rodríguez que salva o porteiro burelense Bruno, que salva outros dous minutos despois, un tiro de Borja despois dun saque de banda e outro tiro de Alex Dez. O Pescados Rubén tamén ten catro ou cinco ocasións seguidas de Pazos e Pitero, tamén de Eloy cunha boa parada de Luismi. Bo papel de Nito tamén na súa volta. Quedan 2 minutos e a tensión pálpase no pavillón. A un minuto dos final Pazos volve ter outra ocasión clara e a 30 segundos do final do primeiro tempo, David Rial pide tempo morto. Nos últimos 30 segundos Lucho ten unha boa ocasión que para o porteiro lugués e posteriormente outra despois dun corner que tamén detén o porteiro Luismi. A 6 segundos Antonio Diz anota o 1-0 despois dun saque de esquina co que se van ao descanso.
Na segunda metade saen Bruno, Lucho, Pitero, Pazos e Eloy. Comeza o Lugo Sala con tres ocasións, dúas ao pau. O Burela non se atopa, tras varias perdas de balón Antón tira a porta encontrándose con Luismi, que fixo un moi bo papel no encontro. Ataca o Burela con xogo de 5 no minuto 4 e Isma ten unha ocasión que volve parar o porteiro do Lugo. Volve rexurdir o Burela cunha ocasión de Rikelme, outra de Lucho e dobre ocasión de Pitero e Rikelme. Coa boa presión do Pescados Rubén chega o gol de Alberto no minuto 28 que empata o encontro. Espértase o equipo mariñán cun moi bo Pitero que xera varias ocasións xunto a Isma. Bos Lucho e Bruno, este último moi presente durante todo o encontro. Despois dunha amarela a Eloy rompe o partido polo minuto 32. Logo de dúas ocasións, unha de Isma e outra de Rikelme, a falta de 5 minutos do final do encontro expulsan a Pitero con dobre amarela e posteriormente a David Pazos. Entra Kaluza para o dobre penalti que tira Iago Rodríguez ao pau. queda Kaluza na portería e tras outra ocasión do Lugo, no minuto 37 chega o 2-1 cun gol de Iago Rodríguez. Volve atacar de 5 o Pescados Rubén non conseguindo o empate e quedándose fose da Copa Galicia deste ano.
O Lugo Salga pasa a semifinais onde xogará contra o Outeiro de Rei SD que gañou ao SD Xove FS 4-2 esta mesma tarde ás 20.00 no Pavillón Municipal de Outeiro de Rei. O Pescados Rubén Burela FS volve a Burela para pensar xa na Liga e no próximo encontro no que viaxará a Martorell a reencontrarse, en pista rival, ao último equipo que o venceu en Liga. Agora toca descansar e volver á rutina con máis tempo para centrarse na loita polo ascenso.
Ficha Técnica CD Lugo Sala FS – Pescados Rubén Burela FS
CD Lugo Sala FS: Nicolás Vila Caamaño (P), Jacobo Costoya Iglesias, Alejandro Martínez Castro, Miguel M. López Fernández, Diego Núñez Paz – cinco inicial -, Yerai Espiñeira Pérez, Borja Corral Pérez, Iago Rodríguez Ulloa, Antonio Diz Teijeiro, Luis Longo Gallego, Bruno Silven Fernández, Miguel Ángel Muñoz Martín, Alejandro Diz Teijeiro, Jairo López Veiga, Jose A. Capón Lamas.
Pescados Rubén Burela FS: Bruno (P), Lucho (C), Nando, Rikelme, David Pazos, – cinco inicial- Nito, Pitero, Isma, Alberto, Antón Arnejo, Eloy, M.Kaluza (P)
Goles: Min.19 Antonio Diz 1-0; min.28 Alberto 1-1; min.37 Iago Rodríguez 2-1.
Equipo Arbitral: Miguel Jesús Rodríguez Pontanilla.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

