Viveiro, 6 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro solicítalle á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que non minta, que deixe de enganar aos veciños e veciñas de Viveiro e que non volva utilizar a Xunta de Galicia, que é unha institución pública, para facer campaña a favor do Partido Popular, igual que fixo hai catro anos e que volve a facer agora.
“O Concello de Viveiro non está bloqueando ningún trazado da variante e, de feito, non ten ningunha información nin con respecto ao trazado da ponte sobre a ría nin do anterior, entendendo que estaría en vigor o redactado pola Xunta de Galicia no ano 2010”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Hai que lembrar que no ano 2009 había un trazado para a variante de Viveiro consensuado e aprobado polo Consello da Xunta, aprobado polo pleno do concello e que contaba co apoio dos veciños, quedando unicamente realizar a licitación das obras.
Pero houbo un cambio no goberno da Xunta de Galicia e, en agosto de 2010, chegou ao Concello de Viveiro unha caixa, chea de planos, impoñendo un novo trazado. Ante este novo trazado, imposto pola Xunta de Galicia e sen consenso, presentáronse reclamacións tanto por parte dos veciños perxudicados como do Concello de Viveiro.
Por parte da Xunta de Galicia, en ningún momento se chamou ao Concello de Viveiro para reunirnos, para estudar e valorar a nova proposta, foi un trazado imposto, un pretexto para non facer a variante.
Dende aquela, a Xunta de Galicia non se volveu a poñer en contacto co concello, a pesar de que, dende o goberno municipal, se continuou reclamando un trazado da Variante para Viveiro.
En 2018 a Xunta de Galicia chamou ao Concello para informar da existencia dun “posible proxecto” para a Variante que consistiría na construción dunha ponte que cruzaría a ría de Viveiro, sen enviar a documentación necesaria para coñecer, de forma concreta, as características desta alternativa. Sobre este “posible proxecto”, a Xunta de Galicia mantivo unha reunión cun colectivo relacionado coa pesca.
Tal e como se indicou naquel momento, o goberno municipal non se posicionou nin a favor nin en contra deste posible trazado, tendo en conta que non se facilitou información suficiente para coñecer o seu alcance.
Este asunto foi tratado no Pleno da Corporación, a instancias dun dos grupos políticos municipais, que presentou unha moción para rexeitar dita infraestrutura sobre a ría. O Concello de Viveiro, co voto de calidade da Alcaldesa, rexeitou pronunciarse en contra, ao non ter elementos para poder formar un xuízo sobre a repercusión da proposta da ponte.
Independentemente do que persoalmente puideramos pensar, sen valorar se a ponte puidera ser eficiente ou non para o concello, co voto de calidade da Alcaldesa, votamos en contra de rexeitar este “posible proxecto”, sobre o que non tiñamos nin temos nada tanxible.
“Neste contexto, o Concello de Viveiro está tramitando o PXOM e para poder continuar cos trámites correspondentes por parte da Xunta de Galicia díxosenos que tiñamos que poñer o trazado da variante, polo que no PXOM se incluíu o trazado enviado pola Xunta de Galicia en 2010 e non o que estaba aprobado e consensuado inicialmente”, engade Loureiro.
A incorporación da variante ao documento do PXOM foi un condicionante, unha esixencia da Xunta de Galicia para continuar coa súa tramitación, polo que se incorporou o trazado de 2010, que fora aprobado e imposto pola Xunta de Galicia, para continuar coa tramitación do PXOM.
Un trazado que foi modificado no primeiro mandato de Alberto Núñez Feijoo, impoñendo aos veciños e veciñas de Viveiro un novo trazado sen ningún tipo de explicación e, sobre o cal, dende o concello se demandaron explicacións e reunións.
En palabras de Loureiro, “debe quedar claro que o Concello de Viveiro en ningún momento obstaculizou a Variante de Viveiro, quen vai crer que o goberno municipal queira obstaculizar unha infraestrutura tan necesaria para o noso concello?”.
Os feitos son os que son e tirando de hemeroteca poden lembrarse, paso a paso, como sucederon as cousas. “O que non se pode permitir é o que Partido Popular minta e utilice a Xunta de Galicia, que unha institución pública de todos e todas, para sacar rédito político”, insiste o concello.
O Concello de Viveiro nunca obstaculizou o trazado da Variante e, en todo caso, a falta deste trazado non é excusa para que a Xunta de Galicia non teña feito a VAC Costa Norte. Se houbera vontade política o corredor podería estar feito, como podería estar feito, tamén, o arranxo da LU-540, entre Viveiro e Roupar, anunciado hai catro anos en plena campaña electoral de 2019, sospeitando que volverá a saír nas próximas eleccións municipais. Non se pode permitir que se condicione a VAC ao trazado da Variante de Viveiro.
Dende o goberno municipal estamos loitando por sacar adiante o PXOM e a execución das actuacións que contribúan a minimizar o risco de inundacións en Xunqueira, para o que vimos traballando de forma consensuada con todos os grupos políticos municipais e nunca saimos publicamente para criticar ao Partido Popular, porque entendemos que hai cousas que se deben aclarar nos despachos e porque, por riba de todo, están os intereses dos veciños.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



