Os populares sinalan que, dos 49 convenios que se firmaron no pasado exercicio, 35 foron para alcaldes socialistas (case 4,2 millóns); un millón de euros, en doce convenios para concellos do BNG, que só goberna en catro; un único convenio entre os 32 concellos gobernados por alcaldes do PP”
Lugo, 28 de febreiro de 2023. De novo, o goberno provincial dedica unha moi significativa cantidade (5,1 millóns) a fins claramente electoralistas. O portavoz popular, Javier Castiñeira, di que no pleno que hoxe celebra a corporación provincial “vénse a confirmar a falta de vontade que ten o goberno da Deputación de Lugo, o bipartito PSOE-BNG, para ampliar o Plan Único, que reparte 21,5 millóns de euros neste ano, que é exactamente a mesma cantidade que no 2022; polo tanto, non é que estea conxelado, é que é unha devaluación clara dos fondos de cooperación cos concellos, posto que a vida subiu e son moitas menos as obras que se poden facer”.
Castiñeira lembra que, “cando se aprobou o Plan Único, o PP pediu que se pasase dos 21,5 millóns ata chegar polo menos a 25; o goberno provincial dicía entón que como se ía ampliar a dotación do plan, porque non había cartos e de onde os ían sacar”. Engade: “Nós dixemos que se podían sacar dese remanente que usan sempre para convenios de Presidencia; como todos os anos, tamén neste pleno veñen cinco millóns de euros, mediante modificación do orzamento, que deberan ser para ampliar o Plan Único”.
Os populares lamentan que a citada cantidade sexa “para eses convenios que teñen obxectivos partidistas e electoralistas”. Castiñeira explica: “Son convenios directos a alcaldes amigos, que deixan fóra á metade da poboación da provincia. Unha vez máis, demóstrase que si había posibilidade de ampliar o Plan Único, pero non quixeron; é unha cuestión de vontade política, porque PSOE e BNG prefiren repartir eses cartos nos concellos que eles desexan e non entre todos”. A mellor proba de que é así –din os populares- “ son os convenios de 2022: dos 49 convenios que se firmaron no pasado exercicio, 35 foron para alcaldes socialistas, con un valor de case 4,2 millóns de euros; un millón de euros, en doce convenios, para concellos do BNG, que só goberna en catro; un único convenio entre os 32 concellos gobernados por alcaldes do PP. Esa é a demostración da falta de obxectividade deste equipo de goberno”.
Castiñeira di: “Lamentablemente estes 5,1millóns de euros, que van aprobar hoxe, co voto en contra do PP, que deberían ir ao Plan Único, irán para facer política electoralista; pola falta de transparencia, o PP vai votar en contra”.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



