Ribadeo, 28 de febreiro de 2023. Os pasos de peóns de Ribadeo súmanse ao Día Internacional da muller. Para iso, a concelleira de Igualdade, Mónica Freire, anuncia que están a ser pintados estes días en varios pasos de peóns os nomes de 37 mulleres pioneiras en diferentes ámbitos co obxecto de visibilizar o traballo na historia, moitas veces esquecido, das mulleres e reivindicar a igualdade.
Mónica Freire subliña que “con esta iniciativa queremos dar visibilidade a unha selección de 38 mulleres que destacaron en diferentes ámbitos, desde a ciencia ou a pintura ata a loita pola igualdade de dereitos, e que representan ás moitas mulleres esquecidas ao longo da historia”.
A edil ribadense explica que “xunto ao nome de cada unha das protagonistas aparece unha breve recensión biográfica para que a cidadanía coñeza a relevancia que estas mulleres tiveron na nosa historia polas súas iniciativas pioneiras nos seus respectivos campos”.
Freire Rancaño engade que “impulsamos esta acción de concienciación para visibilizar que, ELAS, non se deixaron amedrentar, abriron camiño rompendo con estereotipos e conseguiron destacar, a pesar das trabas impostas pola sociedade”.
1.-Maruxa Mallo
Viveiro (1902-1995) Pintora surrealista galega de recoñecemento internacional.
2.-Mª Victoria Moreno
Valencia de Alcántara, Cáceres (1941-2005) Profesora, conferenciante, tradutora e escritora.
3.-Ánxela Ruiz Robles
Villamanín, León (1895-1975) Mestra, pedagoga e inventora. Precursora do libro electrónico.
4.-Concepción Arenal
Ferrol (1820-1893) Xurista, escritora e xornalista .Traballou pola igualdade das mulleres.
5.-Ánxeles Alvariño
Serantes (1916-2005). Bióloga, investigadora e pioneira da oceanografía.
6.-Ernestina Otero
Redondela (1890-1956) Mestra e pedagoga galega.
7-Mª Josefa Wonenburger Planells
Montrove, Oleiros (1927-2014) Matemática e investigadora. Destacou en xeometría alxebraica.
8.-Emilia Pardo Bazán
A Coruña (1851-1921) Escritora, xornalista, editora , catedrática , crítica literaria, tradutora, e conferenciante.
9.-Olimpia Valencia
Baltar (1898- 1987) Foi a primeira médica galega.
10.-Filomena Dato
Ourense (1856- 1926) Escritora, poeta, oradora e feminista galega.
11.-Isabel Zendal
Agrela, A Coruña. Enfermeira galega. Participou na expedición que levou a vacina da varíola a América.
12.-Rosalía de Castro
Santiago de Compostela (1837–1885) Poeta e novelista galega do Romanticismo do século XIX.
13.-Antonia Ferrín
Ourense (1914-2009) Matemática, profesora e astrónoma galega.
14.-María Casares
A Coruña (1922-1996) Actriz galega de cine e teatro de sona mundial que amadriña os premios de teatro galego.
15.-Luz Pozo Garza
Ribadeo, (1922 -2020) Escritora, docente, poeta e crítica literaria. Primeira galega en ser proposta ao Nobel.
16.-María Barbeito Cerviño
A Coruña (1880- 1970) Mestra, pedagoga, tradutora, escritora e divulgadora .
17.-Isabel Barreto
Pontevedra (1567- 1612) Navegante galega e gobernadora. Primeira muller co cargo de almirante.
18.-Elisa Patiño
Pontevedra (1890 -1919) Aviadora galega. Primeira muller en pilotar un avión en Galicia
19.-María Vinyals
Soutomaior (1875- década de 1940) Escritora, sufraxista e activista social galega .
20.-Exeria
Gallaecia ( século IV) Peregrina e escritora. Autora do primeiro libro de viaxes escrito por unha galega.
21.-María Luz Morales
A Coruña (1889-1980). Xornalista, escritora, crítica teatral e asesora de tradución de guión para a produtora Paramount.
22.-Manuela Barreiro
Viveiro (1877–1953) Farmacéutica. Primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela.
23.-Rita Fernández Queimadelos
A Cañiza (1911-2008) Foi a primeira arquitecta nada en Galicia.
24.-Xela Arias
Sarria (1962–2003) Escritora, editora, tradutora, e profesora de literatura.
25.-Sor Pilar de León
Cádiz ( 1911.-2001) Irmá da Congregación “Hijas de la Caridad”. Impartiu clases de música no Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo
26.-Ernestina Mansilla Jiménez
(¿? -1925) Filla adoptiva de Ribadeo. Filántropa, Creou un colexio para orfos e fixo doazóns ao Hospital Asilo
27.-Amadora Suárez Couto
Ribadeo (1888- 1984) Interprete e compositora. Comprometida coa vida social e cultural ribadense.
28.-Antía Cal
La Habana (1923-2022) Educadora. Precursora da escola do século XXI en Galiza.
29.-Luisa Villalta
A Coruña (1957 -2004). Escritora, tradutora , filóloga e violinista galega.
30.-Elena Colmeiro
Costela-Silleda (1932-2021). Ceramista de prestixio internacional.
31.-Dorotea Barcena
Oviedo (1944-2016) Dramaturga feminista e primeira muller directora do Centro Dramático Galego.
32.-Lolita Díaz Valiño
A Coruña (1905-1963) Pintora e profesora. Pioneira da ilustración galega. Académica da Real Academia Galega de Belas Artes
33.-María del Carmen Corredoira
A Coruña (1893 -1970) Pintora e académica da Real Academia Galega de Belas Artes.
34.-Amada García Rodríguez
Mugardos (1909 – 1938) Militante comunista, loitadora en favor dos dereitos das mulleres, da liberdade e a xustiza.
35.-Sofia Casanova
Culleredo 1862- 1958). Xornalista. Autora de poesía e teatro. Cronista de guerra.
36.-Concepción Pérez Iglesias
Santiago de Compostela (1881-1939) Mestra e primeira alcaldesa dun concello galego.
37.-Corona González
Vilaño, Laracha ( 1875 – 1972) Filla adoptiva de Ribadeo . Filántropa, fotógrafa e xornalista.
38.-Áurea Rodríguez
Muntían- Cartelle (1897-?) Primeira gaiteira documentada da historia, fundadora e directora do grupo “Os Maravillas”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



