Carmela González Iglesias: “un sector pesqueiro sen discriminación é unha débeda con miles de mulleres invisibles”, explicou, xa que de 63 confrarías só 3 teñen ao fronte unha muller
Santiago de Compostela, 28 de febreiro 2023. O BNG emprazou ao Goberno do PP a cumprir co acordo unánime do Parlamento para a crear un Observatorio galego da igualdade entre homes e mulleres no sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola. Un Observatorio que debe ser consensuado co sector para aplicar as políticas de igualdade no seo do traballo no sector do mar.
A deputada do BNG, Carmela González Iglesias, declarou que, tras celebrarse eleccións para a renovación dos órganos de goberno das confrarías e federación de pescadores galegas, só tres teñen hoxe ao fronte unha muller, “unha representación que non reflexa o peso das mulleres no sector do mar xa que, como se indica con anterioridade, as mulleres constitúen o 29,3% das persoas socias das confrarías”, detallou, o que fai todavía máis necesaria a pronta implantación deste Observatorio.
“Para que estamos aquí se os acordos unánimes que tomamos neste Parlamento non son cumpridos pola Xunta?”, preguntou a deputada nacionalista á bancada popular, á que tamén lle lembrou a obrigatoriedade da Xunta a cumprir os acordos unánimes da Cámara.
De feito, incidiu González Iglesias, a presenza das mulleres nos órganos de dirección das confrarías reduciuse nestas eleccións, pasando de 5 patroas maiores elixidas nas eleccións de 2018 á só 3 nestas últimas. Unha discriminación “que as mulleres sofren no seu traballo día a día”, criticou a deputada nacionalista, xa que situación da muller no sector do mar segue a ser “profundamente desigual”. Polo que é preciso, emprazou, acadar “un sector pesqueiro sen discriminación, que é unha débeda con miles de mulleres invisibles”.
Unha situación de discriminación, argumentou a parlamentaria do Bloque, na que só o 29,3% das persoas socias das confrarías son mulleres. “Pasaron xa catro meses e non escoitamos ningunha análise ou valoración en chave de xénero sobre isto por parte do Executivo do PP. Ninguén fixo ningunha valoración deste resultado”, recriminou. xa que a escasa presenza das mulleres nos órganos de dirección do sector do mar en Galiza “é o reflexo da súa situación de desigualdade”.
É por isto que a deputada viguesa cualificou o traballo do Goberno do PP no eido da igualdade como “cuestionable” e denunciou a actitude da conselleira do Mar “pola súa negativa a ampliar o número de mulleres no Consello Galego de Pesca”. Ademais, emprazou á Xunta a dar cumprimento “de xeito inmediato a este acordo, porque non temos ningunha necesidade de agardar máis”.
Un Observatorio, emprazou a deputada do Bloque, que elabore “un mapa da actual situación da muller no sector do mar e que “visibilice a todas estas mulleres hoxe invisibles” e no que cobra especial relevancia o papel da administración pública, aclarou, “en colaboración coas universidades galegas, nas que hai excelentes profesionais nesta materia”. Asunto que volveu a acadar, de novo, o voto unánime de todas as forzas políticas no Parlamento, que repetiron a súa encomenda á Xunta para poñer en marcha este órgano de xeito inmediato.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



