Os candidatos e candidatas lucenses asistiron en Santiago ao acto de presentación presidido por Feijóo e Rueda no que interviu Nicole Grueira en representación da provincia, de NNXX e dos pequenos concellos
Lugo, 25 de febreiro de 2023. O Partido Popular renova os cabeza de lista de cara ás vindeiras eleccións municipais en 27 concellos da provincia de Lugo con respecto aos candidatos do 2019. Isto supón unha renovación dun 40% (40,9%) do total das candidaturas nos 66 concellos con lista pechada. No caso de Negueira de Muñiz, a lista é aberta ao tratarse dun municipio con menos de 250 habitantes.
A renovación inclúe a incorporación de xente xove (15 dos novos cabeza de lista teñen menos de 45 anos) e máis mulleres á fronte das candidaturas populares (7 concellos nos que cambia a persoa que encabezará a lista popular contarán con mulleres). De feito, serán un total de 13 as candidatas ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio na provincia fronte ás 7 do 2019, é dicir, un 85% máis.
Os populares, que ostentan a alcaldía en 31 concellos, volven presentar como candidatos aos alcaldes e alcaldesas; excepto no caso de Quiroga onde o rexedor xa anunciara a súa decisión de non repetir tras rematar o actual mandato. Polo tanto, 30 dos alcaldes e alcaldesas do Partido Popular na provincia optan a un novo mandato. Algúns deles como Miguel González, Manolo Otero ou Pablo Rivas será a primeira vez que encabecen a candidatura nos Concellos de Baralla, Mondoñedo e Portomarín, respectivamente.
A dirección provincial agradece “a todas e cada unha das persoas que se poñen ao fronte dunha candidatura, todas elas comprometidas cos seus concellos, polo traballo e esforzo que, non dubidamos, que porán para obter os mellores resultados posibles na vindeira cita coas urnas”.
Os candidatos e candidatas do PP á alcaldía dos concellos lucenses participaron este sábado en Santiago de Compostela no acto de presentación dos cabeza de lista de toda Galicia ao que asistiron o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, entre outros dirixentes.
En representación da provincia, interviu durante o acto Nicole Grueira, presidenta de xestora do PP de Pol e candidata, a primeira da historia do Partido Popular que veu ao mundo no século XXI. Representa, polo tanto, ás novas xeracións e tamén aos pequenos concellos.
CANDIDATOS Á ALCALDÍA NA PROVINCIA DE LUGO
Abadín: José María López Rancaño
Alfoz: Juan José Fraga Paz
Antas de Ulla: Javier Varela Pérez
Baleira: Ángel Enrique Martínez-Puga López
Baralla: Miguel González Piñeiro
Barreiros: José Manuel Gómez Puente
Becerreá: José Fernández Carrete
Begonte: José Ulla Rocha
Bóveda: José Manuel Arias López
Burela: Manuel Rouco López
Carballedo: Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco
Castro de Rei: Francisco Javier Balado Teijeiro
Castroverde: Pablo Figueiras Reguera
Cervantes: Óscar Fernández Gómez
Cervo: Alfonso Villares Bermúdez
Chantada: Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
O Corgo: Felipe Labrada Reija
Cospeito: Armando Castosa Alvariño
Folgoso do Courel: Lola Castro Ochoa
A Fonsagrada: Bernardo Xabier Niño Neira
Foz: Javier Jorge Castiñeira
Friol: José Ángel Santos Sánchez
Guitiriz: José Manuel López Rodríguez
Guntín: María José López Rodríguez
O Incio: Héctor Manuel Corujo González
Láncara: Olga Capón Moreno
Lourenzá: Roberto Díaz Expósito
Lugo: Elena Candia López
Meira: Óscar Fernández Fernández
Mondoñedo: Manuel Ángel Otero Legide
Monforte de Lemos: Katy Varela Fernández
Monterroso: Eloy Pérez Sindín
Muras: Eugenia Requeijo Chao
Navia de Suarna: Raúl Pérez Álava
As Nogais: Jesús Manuel Núñez Díaz
Ourol: José Hermida Corbelle
Outeiro de Rei: José Pardo Lombao
Palas de Rei: Pablo Taboada Camoira
Pantón: José Luís Álvarez Blanco
Paradela: José Manuel Mato Díaz
O Páramo: José Luís López López
A Pastoriza: Darío Cabaneiro
Pedrafita do Cebreiro: Miguel Ángel Castro Alba
Pol: Nicole Grueira Fernández
A Pobra do Brollón: Teddy López Pedredo
A Pontenova: Concepción Novo Mourelle
Portomarín: Pablo Rivas Folgueira
Quiroga: José Manuel Pol González
Rábade: Remedios González Cabarcos
Ribadeo: Daniel Vega Pérez
Ribas de Sil: José Rodríguez Fernández
Ribeira de Piquín: José Osorio Fernández
Riotorto: Clemente Iglesias González
Samos: Miguel Gallego Saavedra
Sarria: Carmen José López Rodríguez
O Saviñao: Carlos Armesto Quiroga
Sober: Luis Fernández Guitián
Taboada: Ramiro Moure Ansoar
Trabada: José María Fernández Vázquez
Triacastela: Olga Iglesias Fontal
O Valadouro: José Manuel Lamela Piñeiro
O Vicedo: Jesús Novo Martínez
Vilalba: Sandra Vázquez Domínguez
Viveiro: Mariña Gueimunde González
Xermade: Antonio Riveira Requeijo
Xove: Demetrio Salgueiro Rapa

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



