Ribadeo, 15 de febreiro de 2023. Os locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo desfrutarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza durante as madrugadas das principais datas festivas e de afluencia turística ao longo deste 2023.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo o xerente, Jesús Pérez, explica que “nas últimas horas recibimos a resolución do Concello de Ribadeo pola que os nosos asociados contarán con 2 horas mais de autorización para poder traballar nas principais datas de festexos e de afluencia turística. Grazas a esta autorización, tramitada por Acisa ante o Concello de Ribadeo, estamos a falar de que nas datas indicadas, os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas de 06:00 a 08:00; e os pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada”.
E engade que “un ano mais renovamos este permiso especial tan importante ao noso entender, xa que grazas a el estamos a beneficiar aos nosos socios con dúas horas mais para poder traballar”.
Pérez Prada subliña que “desta ampliación horaria pódense beneficiar unicamente os asociados de Acisa Ribadeo, xa que somos nos os que nos encargamos dende a entidade de xestionalo. A Policía Local conta co listado dos establecementos que se poden beneficiar desta ampliación horaria, que son como digo os socios de Acisa, así como con copia da autorización emitida”.
Sobre as datas desta ampliación indica que “os asociados de Acisa Ribadeo contan cunha copia da autorización, xa que dende este fin de semana con motivo do Entroido, van poder desfrutar delas”.
As ampliacións horarias son as seguintes:
-Febreiro de 2023: madrugada do día 17 ao 18, do 18 ao 19, do 24 ao 25 e do 25 ao 26.
-Abril de 2023: madrugada do día 31 de marzo ao 1 de abril, do 1 ao 2, do 2 ao 3, do 3 ao 4, do 4 ao 5, do 5 ao 6, do 6 ao 7, do 7 ao 8, do 8 ao 9, do 28 ao 29, do 29 ao 30 e do 30 de abril ao 1 de maio.
-Maio de 2023: madrugada do día 16 ao 17.
-Xuño de 2023: madrugada do día 23 ao 24, do 24 ao 25 e do 25 ao 26.
-Xullo de 2023: madrugada do día 24 ao 25 e tódalas madrugadas dos venres e sábados.
-Agosto de 2023: madrugada do día 14 ao 15, do 15 ao 16, do 16 ao 17 e tódalas madrugadas dos venres e sábados.
-Setembro de 2023: madrugada do día 1 ao 2, do 2 ao 3, do 3 ao 4, do 4 ao 5, do 5 ao 6, do 6 ao 7, do 7 ao 8, do 8 ao 9 e do 9 ao 10.
-Outubro de 2023: madrugada do día 11 ao 12, do 12 ao 13, do 13 ao 14 e do 14 ao 15.
-Novembro de 2023: madrugada do día 31 de outubro ao 1 de novembro.
-Decembro de 2023: madrugada do día 1 ao 2 do 2 ao 3, do día 3 ao 4, do 4 ao 5, do 5 ao 6, do 6 ao 7, do 7 ao 8, do 8 ao 9, do 9 ao 10 e tódalas madrugadas dos días 22 ao 31 de decembro así como tódalas madrugadas dos venres e sábados.























Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



