“Queremos lembrarlle a este alcalde do PP que o artigo 14 de Regulamento de organización das entidades locais puntualiza: tódolos membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función”
Riotorto, 3 de febreiro de 2023. Os socialistas de Riotorto denuncian os “constantes tisc autoritarios do Alcalde”, que merman a calidade democrática no municipio, ao impedir o acceso a información relativa ao funcionamento do Concello á que teñen dereito os membros da Corporación.
O Voceiro do PSdeG, José García Freije, explica que rexistrou varios escritos. “Concretamente, o día 8 de agosto do 2022, é dicir fai máis de 6 meses, solicitamos acceder ao expediente da Residencia de Maiores, así como ao rexistro de entrada e saída ordinario dos asuntos do Concello”, explicou.
Así mesmo, o pasado 22 de setembro de 2022, “volvemos a presentar outro escrito no Concello, no que requiriamos os anteriores expedientes, e onde ademais deixamos constancia por escrito de que o Concello non estaba realizando as lecturas correspondentes dos contadores do 2º cuadrimestre do ano, polo que se estaba alterando o consumo real nos fogares do municipio”.
Sen embargo, “unha vez, máis atopamos coa calada e a incompetencia política por resposta”, afirmou o Voceiro socialista, quen recalcou que os concelleiros “temos dereito por Lei ao acceso de expedientes para poder desenvolver o noso traballo, pero o Alcalde non sabe pronunciar a palabra democracia, está máis acostumado ás ordenes autoritarias do PP”.
Artigo 14 do Regulamento de organización
Por iso, subliñou, “queremos lembrarlle a este Alcalde do PP que o artigo 14 de Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais puntualiza: tódolos membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función”.
“A Lei ampáranos e temos dereito a preguntar e a solicitar expedientes”
“Polo tanto”, incidiu, “a Lei ampáranos e temos dereito a preguntar, a investigar a solicitar tódolos expedientes que afecten ao noso concello e ao conxunto da veciñanza. Por iso, dende aquí queremos avanzar que non descartamos recorrer ás accións legais que procedan para garantir os nosos dereitos e poder revisar esta documentación. Non imos quedarnos de brazos cruzados, mentres o PP segue a torpedear o traballo da oposición”, incidiu o voceiro.
“Esiximos transparencia e democracia no Concello de Riotorto, porque mentres o Alcalde nin está, nin se lle espera, a veciñanza quere coñecer de primeira man os proxectos e iniciativas que se presentan no Concello. E nós seguiremos traballando para que Riotorto teña saídas e unha senda de futuro”, explican.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



