Ribadeo, 15 de marzo de 2023. O colectivo ribadense As Vacas Fracas pintará un mural no piar da Ponte dos Santos, que está situado no paseo do Faro. Trátase dun proxecto das Concellarías de Cultura e Obras, que persegue mellorar a estética de toda esa zona.
A edil de Cultura, Pilar Otero, contou que “unha vez rematado o proxecto que indubidablemente mellorou as condicións de uso e seguridade do paseo ao faro, un espazo moi empregado pola veciñanza de Ribadeo e tamén polos turistas para as andainas e outras actividades físicas, desde as Concellarías de Cultura e de Obras comezamos a traballar xa hai varios meses na mellora estética desta mesma zona. Inicialmente encomendouse o pintado dos pretís situados no paseo ao carón da ponte debaixo da autovía. E estes días encargámoslles de novo ao colectivo ribadense As Vacas Fracas a proposta dun mural para continuar con este cometido”. A concelleira de Cultura indicou que “nuns días poderemos disfrutar da súa proposta, que pretende ser unha representación figurativa de cómo o factor humano se relaciona e está estreitamente vinculado ao espazo e á natureza”.
Otero Cabarcos subliñou que “apostamos decididamente polo local e por iso sempre apoiamos as iniciativas de asociacións e veciñanza. Por esa mesma razón estamos especialmente orgullosas de que un colectivo de xente moza de Ribadeo deixe a súa pegada artística nun lugar con tanta visibilidade, xa que polo paseo chegan a pasar centos de persoas ao día”.
Pola súa banda desde As Vacas Fracas sinalaron que “nesta proposta enfatizamos a importancia da natureza e dos nosos ecosistemas como piar do camiño de Santiago. Un recordatorio de que podemos disfrutar dos nosos bosques no camiño sen deixar a nosa pegada neles”.
Ata o espazo no que As Vacas Fracas pintará ese mural desprazáronse as concelleiras de Cultura e Obras e o concelleiro de Turismo así coma os artistas que deixarán a súa pegada nese piar da Ponte dos Santos, no paseo do Faro.
























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



