Incluirán unha homenaxe a Andrea López Chao, mestra mindoniense impulsora da sociedade “Hijas de Galicia” en Cuba
Mondoñedo, 26 de marzo, 2023. As XVI Xornadas do Peregrino “Abrindo camiño”, organizadas pola asociación homónima, a celebrarse en Mondoñedo e Santaballa-Vilalba entre o 30 de xuño e 2 de xullo, analizarán diferentes aspectos do fenómeno xacobeo en Europa e América e da emigración galega en Cuba. O programa inclue asemade unha homenaxe a Andrea López Chao (Mondoñedo, 1874-La Habana, 1954), mestra, pioneira na tarea de protección das mulleres e impulsora, entre outras actividades feministas, da Sociedade “Hijas de Galicia” (1917) e do I Congreso da Muller (1923) en La Habana.
As xornadas comezarán o 30 de xuño ás 17 horas no auditorio “Pascual Veiga” de Mondoñedo coa inauguración da exposición “O soño cubano da emigración galega” cedida polo Consello da Cultura Galega.
A temática dos camiños de Santiago será analizada nas mesas-coloquio “O Camiño de Santiago. Itinerario cultural e dinamizador socioeconómico internacional” e “Os Camiños -e Santiago- en América: mito, toponimia e representacións. Presenza e tradición de Santiago en La Habana”.
O mundo da emigración será abordado na mesa “Emigración en Cuba. O Centro Galego de La Habana e a súa interrelación con Galicia: a bandeira, o himno e a Real Academia Galega”.
Reflexionarase tamén sobre o legado das asociacións de instrucción habaneras e bonaerenses nunha sesión prevista na Escola Habanera de Santaballa-Vilalba.
ANDREA LÓPEZ CHAO
Cómpre destacar asimesmo a homenaxe que se lle rendirá á memoria da mestra mindoniense Andrea López Chao e ó seu labor docente, societario e feminista desenvolvido en La Habana, a onde emigrara en 1904. Ela foi, entre outros logros, artífice da creación do Hospital e Balneario para asistencia das mulleres emigradas, en dificultades ou en situación de exclusión social.
Entre outros actos figura, o 1 de xullo ás 11 horas, a mesa-coloquio “Andrea López Chao e a influenza doutras mulleres da época no seu labor na emigración: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal”.
Unha comisión, presidida polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e integrada por representantes da corporación municipal e diferentes profesionais galegos e cubanos, auspiciará a realización do documental “Andrea López Chao e o poder de educar”, un xornal monográfico e unha exposición itinerante sobre a homenaxeada.
Merece salientarse o feito de que neste mes de marzo teñen tamén lugar en La Habana actividades conmemorativas dos centenarios da celebración nesa capital do I Congreso da Muller (1923) e da creación da Hospital “Hijas de Galicia” (1924).
O programa destas xornadas é iniciativa do concello de Mondoñedo e da Asociación “Abrindo Camiño” de Amigos do Camiño Norte de Santiago. Colaboran a Liga Santaballesa, o concello de Vilalba, a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, diferentes consellerías da Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega e outras entidades, colectivos e profesionais.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



