O Goberno xa comezou a traballar na segunda convocatoria do Bono Cultural Xove, que se abrirá nos próximos meses, e na que investirá 210M€
O Valadouro, 15 de marzo de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, animou hoxe no Valadouro aos establecementos e empresas culturais da provincia a adherirse ao Bono Cultural Xove, o programa do Ministerio de Cultura que ofrece unha axuda directa de 400 euros aos mozos e mozas de 18 anos para adquirir e desfrutar de produtos e actividades culturais. “Esta iniciativa supón unha inxección económica de máis de 450.000 euros para o sector cultural da provincia, do que xa se beneficiaron 1.139 lucenses, favorecendo o consumo cultural entre os máis novos e contribuíndo á recuperación dun sector tan importante como o das industrias culturais”, remarcou a subdelegada.
Isabel Rodríguez visitou esta mañá, acompañada do alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, o establecemento Ferreira, unha das empresas que participan no programa do Goberno. Alí, intercambiou coa xerente do local, Rosa María Pérez, as impresións de como está a funcionar esta primeira edición do programa e destacou que o Bono Cultural Xove “dinamiza comercios de proximidade coma este, no rural da provincia”.
O Bono Cultural Xove funciona exclusivamente naquelas empresas, comercios e entidades culturais que previamente solicitasen a súa adhesión ao programa. “Todo o tecido cultural da provincia, tanto público como privado, está convidado a sumarse ao programa, desde teatros, festivais e salas de cine, pasando por museos, librerías ou tendas de música”, informou a subdelegada. Ata o momento, as compras en comercios especializados distribuíronse, principalmente, entre cine, videoxogos, espectáculos e libros.
Neste senso, todas as entidades interesadas en vender os seus produtos e servizos aos portadores desta tarxeta poden tramitar a súa adhesión ao programa a través da páxina web www.bonoculturajoven.gob.es.
Unha vez concedida a axuda, os mozos dispoñen dun ano para gastar os 400 euros. O Bono Cultura Xove funciona cunha tarxeta de prepago que emite Correos e que o beneficiario pode ter de forma virtual no seu móbil ou de forma física. Neste caso, pode recollerse en calquera oficina postal de España. Con esa tarxeta poderase gozar de experiencias e produtos culturais. O deseño do Bono, dividido en tres tramos, favorece diversificar o investimento, coa seguinte distribución:
– 100 euros para produtos físicos, por exemplo, libros, prensa ou discos.
– 100 euros para produtos dixitais: prensa dixital, podcast, videoxogos en liña.
– 200 euros para artes escénicas: teatro, ópera, cinema, danza, museos.
Bono Cultural 2023
O Ministerio de Cultura xa comezou a traballar na segunda convocatoria do Bono Cultural Xove, que se abrirá nos próximos meses, e na que investirá 210 millóns de euros. Para este 2023 se tivo en conta a experiencia do primeiro ano, de forma que se optimice o sistema de solicitude e tramitación, da que se poderán beneficiar as persoas nadas en 2005. Ao respecto, Isabel Rodríguez avanzou que todas aquelas empresas que xa forman parte do Bono Cultural Xoven poderán seguir ofrecendo os seus servizos ou produtos sen necesidade de realizar trámite algún.



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



