Ribadeo, 20 de marzo de 2023. O 2 de abril dará comezo en Ribadeo a segunda edición de camiño do Mar Concello a Concello, que organiza a Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela.
A presentación tivo lugar en Ribadeo. E na mesma participaron o responsable da organización, Manuel Vicente, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Igualdade, Mónica Freire, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez.
Manuel Vicente deu as grazas “por la colaboración y atención siempre atenta del Concello de Ribadeo y también a Acisa, por su apoyo y colaboración con el Camino del Mar. Recordamos que en Acisa son facilitadores de las credenciales para realizar el Camino del Mar”.
Vicente subliñou: “un año más presentamos en Ribadeo el proyecto: Camino del Mar Concello a Concello. Ribadeo es uno de los pocos lugares de Galicia con dos Caminos de Santiago, el del Norte y del Mar. Desde el puerto de Ribadeo los dos Caminos son coincidentes hasta llegar al centro de la villa, lugar donde se bifurca, el Camino del Norte sigue por la calle San Francisco y el Camino del Mar por la calle Villafranca del Bierzo. Justamente en ese lugar, en su día, estuvo la Capilla y Hospital de San Sebastián”.
E engadiu que “con esta acción se pretende la divulgación y promoción del territorio en general y del Camino de Santiago que discurre por él, en particular. Les agradecemos su implicación y apoyo para el desarrollo de este proyecto. Desde la asociación seguiremos realizando distintas acciones para seguir acrecentando el Camino del Mar, antigua vía de peregrinación y al mismo tiempo demandando esa atención por parte de la Xunta para que de una vez por todas reconozca lo que tenía que haber reconocido hace ya un montón de años”.
A segunda edición desta iniciativa partirá o 2 de abril desde Ribadeo e concluirá en Santiago de Compostela o 25 de xuño. Serán un total de 13 etapas a realizar os domingos. As prazas son limitadas. As persoas interesadas en participar poderá facelo a través da web https://www.asocaminodelmar.es no apartado de accións 2023, Concello a Concello. A ligazón é o seguinte: https://www.asocaminodelmar.com/acciones/2023/concello-a-concello
Desde o Concello de Ribadeo o alcalde, Fernando Suárez, sinalou: “queremos agradecerlle a Manuel Vicente a elección de Ribadeo para o inicio dá segunda edición desta iniciativa. O noso concello, que é porta norte de entrada Galicia, recibe cada ano máis peregrinos dispostos a chegar a Compostela a través dás diferentes roteiros que pode atopar ao seu paso. E o Camiño do Mar é unha desas opcións”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “un año más la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos será punto de sellado de las credenciales del peregrino que realicen su ruta a Compostela a través del Camino del Mar. En Acisa seguimos trabajando y colaborando con todas aquellas iniciativas que lo que hacen es promover la llegada de más caminantes, de más viajeros, de más turistas a Ribadeo, porque eso redundará de forma positiva en nuestros negocios y en la economía local”.


























Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.



