A frente nacionalista lembra o compromiso adquirido polo Goberno para mellorar a calidade do servizo, a modernización do material e aumentar a fiabilidade
Madrid, 13 de marzo de 2023. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar varias iniciativas para que o Goberno do Estado e, no concreto, RENFE cumpran co compromiso de modernizar o material rodante da vía de ancho métrico. Tras os erros detectados no deseño dos trens que obrigou a revisar o contrato, a frente nacionalista demanda un calendario concreto para a entrega dos trens e se o Ministerio destinará os híbridos para a liña FEVE entre Ferrol e Ribadeo. Alén do máis, Rego demanda medidas compensatorias polo retraso para a liña de ancho métrico para que as persoas usuarias desta liña gocen da gratuidade do servizo.
O erro no deseño dos trinta e un trens de vía estreita, antigo FEVE, afectará principalmente a Asturias e Cantabria por posuír unha maior rede de ancho métrico electrificado. Vinte e seis, dos trinta e un, son eléctricos mentres que na Galiza non podería operar por non posuír esa infraestrutura.
“Con todo, outros cinco era híbridos e si que poderían transitar pola vía galega e destinalos a prestar servizo na liña de FEVE da Galiza, Ferrol-Ribadeo” explica o deputado do BNG. Cabe destacar que existe un compromiso, adquirido por parte do Goberno, para mellorar e modernizar o material rodante desta liña a través do “plan de mellora da calidade do servizo” co obxectivo de mellorar a súa fiabilidade.
A día de hoxe, o material existente na liña Ferrol-Ribadeo ten graves problemas, con continuas avarías do material rodante que “causan incidencias de forma continuada e fan completamente impredecíbel e moi pouco fiábel este medio de transporte”. Neste sentido, o deputado do BNG reclama modernizar os trens da liña para ofrecer un servizo de calidade ao conxunto da cidadanía.
“O Goberno do Estado debe cumprir as súas promesas e, ademais de asegurar a renovación do material rodante, estabelecer un calendario con prazos específicos para a subministración do trens destinados a este tramo” asevera Néstor Rego.
Medidas compensatorias para o FEVE
Após coñecer as deficiencias na fase de estudo e deseño do novo material rodante, a organización nacionalista demanda medidas compensatorias para as persoas usuarias ante o retraso que suporá a entrega do novo material. “Se Asturias e Cantabria recibirán medidas compensatorias, é de xustiza que a liña FEVE reciba as mesmas medidas e minimizar o grave prexuízo que supón o atraso na entrega do novo material rodante” engade Néstor Rego. Así mesmo, para garantir a calidade do servizo, o deputado nacionalista reitera a necesidade de aumentar as frecuencias ferroviarias nesta liña co obxectivo de que máis persoas poidan empregar este medio de transporte –“eficaz, eficiente e sustentábel”- en detrimento do vehículo particular.






















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



