Burela, 13 de marzo de 2023. No Concello burelés tivo lugar esta mañá unha recepción a Francisco Pereira, o deputado nacional de Cabo Verde para a diáspora, que estes días visita a localidade. Xunto a el estivo o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor contou que “esta mañá tiven a ocasión e o pracer de recibir a don Francisco Pereira, que é deputado caboverdiano que está facendo os seus labores representativos en Suiza, concretamente en Lausanne, e que se achegou a Burela para participar nun acto que organizou o instituto O Perdouro, no que vamos participar mañá, e tamén veu para reunirse coa comunidade caboverdiana”.
Llano fixo un balance positivo do encontro desta mañá: “o recibimento foi grato, como debe ser, e estivemos falando de Cabo Verde e de Burela, dos lazos que nos unen e de como pretendemos mellorar en todos os aspectos. Foi un pracer estar aquí con el e comentounos as preocupacións en torno aos emigrantes que viven en Burela e tamén nos informou de cómo está Cabo Verde e as súas inquedanzas cara ao futuro. Nosoutros mantivemos o noso compromiso de manter unhas relacións estables e moi positivas para os dous países”.
O alcalde de Burela dixo que “houbo tamén unha petición por parte do instituto, que xa levamos tempo con ela e queremos normalizala o antes posible: despois da cuarta ou quinta xeración na que están os caboverdianos que viven en Burela que o ensino se teña en conta desde Cabo Verde. Hai unha proposta para que polo menos teñamos aquí un profesor que fale o seu idioma e que poida axudar a normalizar ao alumnado caboverdiano.
Tamén se demanda a atención de todo tipo de cuestións administrativas que os caboverdianos de Burela teñen moita dificultade para realizar, como son os pasaportes, polo que se lle solicitou que bote unha man neste tipo de asuntos”.
E engadiu: “Francisco Pereira comprometeuse a realizar estas tarefas e a que no futuro estes lazos se manteñan. El quere ser protagonista nesa relación e por tanto quedamos en chamarnos e volver convocar outra reunión o antes posible”.


























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.


