Trátase dunha obra moi demandada pola veciñanza, enmarcada no traballo constante que desenvolve o Goberno na mellora do litoral da Mariña
Burela, 23 de marzo de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, supervisou este xoves os traballos de mellora que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico leva a cabo na praia do Portelo, no Concello de Burela. Isabel Rodríguez puxo en valor esta actuación que creará un novo acceso para persoas con mobilidade reducida na entrada principal do areal, que a día de hoxe non dispoñe del. “Conseguimos unha entrada sen barreiras arquitectónicas e accesible, ofrecendo ao bañista unha estancia cómoda, segura e factible para que as persoas con mobilidade reducida poidan gozar integramente dun estupendo día de praia”, asegurou a subdelegada.
Isabel Rodríguez, acompañada do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e do xefe da Dirección Provincial de Costas, José Miguel Estevan, comprobou o estado das obras que consisten na demolición dunha parte das escalinatas do acceso á praia e a dotación dun novo camiño, con acabado en granito, e un varanda de aceiro inoxidable, todo elo adaptado á normativa actual. Ademais, o proxecto contempla a execución dunha zona de estancia para os usuarios. Estas actuacións contan cun investimento do Goberno de 20.000 euros.
Neste senso, a subdelegada explicou que se trata dunha obra moi demandada pola veciñanza, enmarcada no traballo constante que se está a facer dende o Goberno de España para a mellora e coidado do litoral da Mariña lucense.
“Esta iniciativa supón que a praia do Portelo, o areal máis utilizado polos veciños e turistas en Burela, se abra a todo o mundo e sexa máis inclusiva”, destacou a subdelegada, quen avanzou que esta nova pasarela estará dispoñible para o seu uso a próxima Semana Santa.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



