Os populares lembran que foi o anterior goberno local o que conseguiu a financiación e xestionou a nova canceira, en Escanlar
Foz, 16 de marzo de 2023. Un goberno local que non se esforza por ter a cidade ou a vila que goberna limpa e aseada é un goberno que non respecta aos seus veciños, que non sinte o cariño que é esixible polo territorio que dirixe. En Foz, o déficit de limpeza é evidente, como pon de relevo reiteradamente o grupo municipal do PP. Neste caso, o seu portavoz, Javier Castiñeira, reclama o adecentamento da antiga canceira e denuncia “o abandono por parte do equipo de goberno de Foz” deste recinto, situado nun lateral da nave de obras no porto, fronte á piscina municipal.
Castiñeira sinala: “É unha mostra máis da falta de limpeza e da desatención do goberno local aos edificios públicos e ao pobo en xeral, que carece dun bo servizo de limpeza, porque é totalmente insuficiente; resulta absolutamente necesario reorganizar este servizo”.
Os populares din que “esta imaxe da antiga canceira é a imaxe do pasotismo e da hipocrisía do alcalde, o socialista Fran Cajoto, que no seu día usouna -estaba en moito mellor estado que agora- para criticar ao anterior goberno, que foi o que conseguiu a financiación e xestionou a nova canceira en Escanlar”.
Os populares instan “ao bipartito a que adecente este espazo e que se preocupe máis pola limpeza e a imaxe do pobo, porque, por un lado, os veciños están fartos, e, por outro lado, dá mala imaxe de Foz aos turistas que xa empezan a chegar; lévanse unha decepción cando ven isto”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



