Os populares queren que na Deputación, formalmente, se desestime a proposta do goberno que saíu adiante no pleno de maio e se estimen as dúas dos PP que foron rexeitadas
Lugo, 23 de marzo de 2023. Os xuíces resolveron unha vez máis a favor do PP nas súas reclamacións fronte a decisións do goberno bipartito da Deputación, presido polo socialista José Tomé. O portavoz do populares na Deputación, Javier Castiñeira, explica: “ O xulgado do Contencioso Administrativo deu outra vez a razón ao grupo provincial do PP, neste caso fronte á nosa denuncia de que o goberno da Deputación de Lugo fixo trampa nas votacións do pleno de maio de 2022, cando permitiu votar telematicamente a unha deputada do BNG (Mónica Freire) sen darse as condicións necesarias para poder facelo”. A corporación provincial está formada por 25 deputados: o PP ten 12 e entre socialistas e nacionalistas suman 13. Na citada sesión, estaban ausentes o presidente, José Tomé, e a deputada Mónica Freire, polo tanto, na sala había 12 deputados populares e 11 dos grupos de goberno. O voto telemático, agora anulado, permitiu á presidenta do pleno (nese momento a vicepresidenta da Deputación) romper o empate co voto de calidade.
Castiñeira destaca que, “neste caso, foi un voto transcendental porque permitiu que o bipartito levase adiante unha das súas propostas e tombara as proposta do PP”. Engade: “A iniciativa do goberno provincial pretendía conseguir cambios no programa da Xunta Coidados Porta a Porta; sen ter en conta o voto telemático da deputada nacionalista, sería rexeitada. As mocións do PP non saíron adiante precisamente porque foi admitido ese voto telemático, que era ilegal, da deputada nacionalista, que non estaba presente no pleno; os motivos que esgrimiron non son os que di a lei”. O portavoz popular aclara que “esa deputada estaba facendo ese día outras funcións en Ribadeo”. Nesa sesión plenaria, lembran os deputados do PP, “estaba de presidenta do pleno a nacionalista Maite Ferreiro (vicepresidenta da Deputación) por ausencia do titular, José Tomé, que era o que permitía que o PP, con doce votos, gañase en votos ao bipartito”.
Castiñeira declara: “Dende o Grupo Popular queremos que o goberno da Deputación de Lugo pida escusas ao PP e a todos os lucenses, especialmente a vicepresidenta da Deputación e daquela presidenta do pleno que permitiu que de forma ilegal votase unha compañeira súa telematicamente”. Os populares esixen “que se desestime a proposta do bipartito de reclamar á Xunta cambios no programa Coidados Porta a Porta, e que sexan estimadas as mocións do PP”.
Unha das iniciativas populares era para crear unha comisión de seguemento de como se fixo a liquidación de Suplusa; a outra, para que a Deputación constitúa un fondo de anticipos para axudar aos concellos que en ocasións non teñen liquidez, elaborado con criterios obxectivos e non segundo a decisión unilateral do equipo de goberno.
Castiñeira conclúe: “Unha vez máis, demóstrase que a forma na que actúa o bipartito sobrepasa en ocasións as súas funcións, como pasou no pleno de maio do 2022”.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



