Ribadeo, 28 de marzo de 2023. O Concello publicou a licitación do contrato de obras para a rehabilitación e mellora das escolas públicas municipais nas que actuará nos vindeiros meses. O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, contou hoxe que son 10 instalacións nas que Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo investirán 240.000 euros. As empresas interesadas dispoñen de 20 días para presentar as súas ofertas.
O edil ribadense declarou: “estamos a dar un novo e definitivo paso para o arranxo dunha serie de Escolas e Teleclubs das nosas parroquias, tanto da costa, como do interior. Logo dunha longa tramitación de facer os proxectos técnicos, de buscar o financiamento entre o Concello e mais a Deputación de Lugo, de ter todos os permisos sectoriais necesarios, no día de onte publicamos a licitación do contrato de obras para rehabilitar e mellorar estes espazos públicos municipais”.
Marcos Villamil subliñou que “así, queremos amañar as escolas de: Couxela, Noceda, Piñeira, Piñeiro, Remourelle, Vilaselán, Vilela, Vilamariz así como as escolas nova e vella de Rinlo. Toda esta importantísima obra ascende a máis de 240.000 euros. O prazo de presentación de ofertas económicas é de 20 días e o prazo de execución das mesmas será de tres meses desde a sinatura do contrato”.
O concelleiro de Medio Rural lembrou que “estas novas obras véñense sumar ao que fomos executando neste mandato actual nos outros espazos públicos municipais que fomos amañando en Cedofeita, en Covelas, en Ove, en Rinlo, en Arante, as que acabamos e rematar en Cedofeita e as que estamos executando nestes días en Vilaframil e Vilaousende”.
Villamil dixo que “desde o goberno municipal queremos seguir dando servizos e queremos poder seguir ofrecendo actividades nas parroquias, polo que necesitamos ter lugares onde sexa agradable estar. Nalgúns casos hai que mellorar as carpinterías de exteriores, noutros hai que pintar as fachadas, noutros hai que amañar por dentro e por fóra, noutros hai que eliminar as goteiras, noutros temos que meter mobiliario e nalgúns temos que meter todo isto. E así, á volta do verán, dispoñeremos dunha ampla e moderna rede espazos públicos parroquiais para seguir facendo actuacións sociais, culturais, deportivas, etc…e buscando sempre ese equilibrio entre a vila e o campo”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



