O presidente da Xunta mantivo unha reunión con Miguel Ángel López Quesada-Gil
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2023. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, analizou hoxe co novo presidente de Alcoa en España, Miguel Ángel López Quesada-Gil, os proxectos e os prazos que manexa a compañía para a reactivación dunha industria fundamental para a economía galega como é a fábrica de aluminio de San Cibrao. O mandatario galego recibiuno no seu despacho en San Caetano, nun encontro no que tamén estivo presente o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde.
O presidente da Xunta interesouse polo cumprimento dos prazos comprometidos pola compañía e os acordos aos que a dirección da multinacional do aluminio chegou cos representantes dos traballadores para a reactivación da planta de San Cibrao, así como polos investimentos anunciados co obxectivo de garantir o futuro da fábrica na Mariña de Lugo e o cumprimento do mantemento do emprego.
Alfonso Rueda ratificou a López Quesada-Gil o apoio da Xunta en todas as decisións de competencia autonómica para que Alcoa siga sendo un dos motores da economía da comarca da Mariña, da provincia de Lugo e de toda Galicia. Nese sentido, recordou que o Goberno galego xa está axilizando toda a tramitación que ten que ver cos parques eólicos que son da súa competencia e fundamentais para a viabilidade da industria electrointensiva.
Ao mesmo tempo, indicou que a competitividade da planta depende tamén do desenvolvemento, por parte do Goberno central, dun marco enerxético que achegue estabilidade e permita competir en igualdade de condicións desde o punto de vista do prezo eléctrico co resto da industria electrointensiva europea. Para a Xunta de Galicia, esta é unha prioridade xunto á necesidade de vincular a factoría de San Cibrao ás enerxías renovables.
O presidente da Xunta comprometeu a López Quesada-Gil toda a colaboración do Goberno galego para que a reactivación da actividade de Alcoa en Galicia sexa canto antes unha realidade.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



