A intervención, que está previsto que se licite este verán, conta cun orzamento de máis 90.000 euros e poderá entrar en servizo a principios de 2024
Ferrol, 3 de abril de 2023. A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acometerá a construción dunha senda ciclista no acceso a Illa Pancha. Unha actuación coa que pretende mellorar a contorna e facilitar a mobilidade sostible no tramo cuxa titularidade corresponde ao organismo portuario. Trátase do camiño que leva ao Faro de Illa Pancha, entre o acceso a praia de Rocas Brancas e a ponte de acceso á illa.
A actuación suporá alongar a plataforma existente ao longo dos 300 metros, titularidade do organismo portuario, para situar na marxe dereita un carril-bici de 2,5 metros de ancho, habilitar aparcamentos e restaurar a calzada existente. Ademais, substituirase a iluminación actual por outro máis estético e eficiente, instalarase unha varanda de protección na zona da chaira que dá ao cantil e plantaranse novas especies arbóreas.
A Autoridade Portuaria sacará a licitación as obras este mesmo verán cun orzamento basee de 90.600 euros. A estimación é que os traballos comecen no outono deste ano cun prazo de execución de 3 meses, polo que a nova senda estaría dispoñible para a súa goce a principios de 2024.
Con esta intervención, o organismo que preside Francisco Barea reafirma o seu compromiso coa Mariña lucense, en concreto co municipio de Ribadeo. Ademais, a intervención supón unha aposta pola mobilidade sostible, a seguridade e a mellora da contorna, ao habilitar unha senda ciclabe da que poderán gozar tanto os veciños de Ribadeo como os visitantes, o que contribuirá á posta en valor dun espazo emblemático como é o Faro de Illa Pancha mellorando a accesibilidade na contorna.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



