Xove, 18 de abril de 2.023. A modificación foi aprobada no Pleno Ordinario celebrado onte, procedéndose a cambiar a bonificación prevista nos artigos 74.4 e 74.5 do Real Decreto Lexislativo 2/2004.
O máis importante desta modificación recóllese nos dous puntos seguintes:
-Terán dereito a unha bonificación na cota íntegra do imposto de bens inmobles os suxeitos pasivos que ostenten a condición de persoas titulares de familia numerosa na data de devindicación do imposto, sempre que todos as persoas integrantes da dita unidade familiar estean empadroadas no Concello de Xove, o ben inmoble sexa de carácter residencial, sexa propiedade da persoa solicitante, constitúa a residencia habitual de todas as persoas integrantes da dita unidade familiar e o seu valor catastral non supere os 200.000 euros.
Esta modificación beneficia ás familias numerosas, supoñendo unha importante axuda económica ás mesmas, que verán rebaixados, deste xeito, os impostos que estaban pagando por este concepto.
Dita bonificación poderá ser aplicada coas seguintes porcentaxes segundo a categoría de familia numerosa:
• Familia numerosa categoría xeral: 50 %.
• Familia numerosa categoría especial: 90 %.
-Terán dereito a unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto os bens inmobles de carácter residencial unifamiliar destinados ao uso de vivenda que instalaran sistemas para o aproveitamento térmico e/ou eléctrico da enerxía proveniente do sol.
Esta é unha aposta por potenciar as enerexías renovables, animando deste xeito a que os veciños de Xove instalen paneis solares homologados nos seus domicilios, co fin de diminuir as emisións de gases, favorecendo un entorno máis limpo e saudable.
Será necesario, en todo caso, que os sistemas de aproveitamento térmico instalados polos veciños dispoñan dunha superficie mínima de captación solar útil de 4 m2 por cada 100 m 2 de superficie construída e que os sistemas de aproveitamento eléctrico dispoñan dunha potencia instalada mínima de 5 Kw por cada 100 m2 de superficie construída. Estes requisitos non serán exixibles cando a superficie construída sexa inferior a 100 m2.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



