O grupo municipal mantivo un labor constante no impulso e dinamización da oferta cultural en Ribadeo co concerto de Reis, presentacións de libros, seráns de teatro e outras actividades relacionadas
Ribadeo, 18 de abril de 2023. O grupo municipal popular de Ribadeo denuncia unha falta de previsión e eficiencia por parte do goberno do BNG no relacionado ao eido cultural e a oferta para os máis novos. A coordinadora de promoción local do grupo municipal, Marta Saiz, destaca que “desde logo houbo épocas mellores onde houbo concelleiro moito máis dinámicos e onde Ribadeo era un referente cultural”. Ademais engade: “Que oferta cultural tivemos nos últimos catro anos organizada polo Concello? Porque non hai mais que analizar a taquilla do 90% das actividades que organizaron”. Neste sentido, Saiz resalta que “organizar unha axenda cultural non é plasmar nun tríptico as actividades organizadas que mellor lles convén. A axenda cultural significa ofertar actividades culturais organizas polo Concello pero para toda a veciñanza, non só para aqueles que son da súa cor política”.
A coordinadora de promoción local lamenta que o goberno do BNG non entenda que son as diferentes entidades asociativas as que de verdade están a traballar por dinamizar e impulsar a cultura en Ribadeo. “Este goberno do BNG, o máximo que chega é a publicar carteis de festas con datas pero sen programación ningunha… Sinal do nerviosismo o que nos levamos referindo nos últimos tempos, sen dúbida ningunha, cheira a electoralismo” di.
Por outra banda, a popular subliña a labor do grupo municipal popular nesta materia: “desde o noso grupo, e o que aínda é máis difícil, desde a oposición, colaboramos coas diferentes entidades naquilo que nos pediron e ata onde puidemos chegar”. O grupo dos populares estivo liderando a oferta cultural coa colaboración nos concertos de Reis, achegando a actividade cultural aos centros educativos, presentacións de libros, etc Ademais, o programa “Seráns de teatro” supuxo unha revolución a nivel social pola implicación emocional cos mais maiores. ”Gracias a este programa as tardes de inverno nas parroquias foron un chisquiño máis divertidas”, di Saiz.
MÁIS PROMESAS BALEIRAS
Noutra orde de cousas, a coordinadora de promoción local lamenta a pouca palabra do goberno do BNG en canto a potenciar a oferta de ocio e cultural para os máis novos. “Dicían que ían a realizar eventos que permitiran visibilizar a potencialidade creativa da nosa mocidade a través de concertos, obras teatrais e máis actividades. Pero mira se a mocidade se sinte pouco representada que ante a falta de compromiso por parte do goberno do BNG e ante promesas baleiras carentes de contido, decidiron dar o paso eles mesmo para poder ter unha oferta decente en Ribadeo”, explica Saiz. Ademais a popular reitera no compromiso do grupo municipal que, na medida do posible, respaldaron en todo momento as iniciativas que propuxeron pois “será a única maneira de que o goberno local poña atención a estas demandas”.
Por outra banda, Marta Saiz di: “Sábese algo dos bonos-axuda para a xente nova con menos recursos? Porque outra das promesas do programa electoral deste goberno do BNG no 2019. Sábese algo dos espazos público de ocio para xente nova que ían habilitar? Porque o único que fixeron foi a pista multideporte e aínda por riba está sen rematar.”





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



