O portavoz popular, e candidato á alcaldía, Javier Castiñeira, lembra que “no PXOM, a parcela está destinada a equipamentos sociais; pola súa parte, o edificio está catalogado, pola súa importancia arquitectónica”
Foz, 5 de abril de 2023. O PP de Foz continúa co seu proceso de escoita activa dos veciños, para coñecer as súas preocupacións e suxestións. O portavoz popular e candidato á alcaldía, Javier Castiñeira, explica que “rematada esta lexislatura e coa vista posta nos próximos catro anos, o PP está escoitando aos veciños, as súas preocupacións e inquedanzas, e moitos deles coinciden nunha que é de vital importancia para Foz, que é o do edificio do antigo Asilo e toda a súa parcela”. Considera que “tanto o Concello como os propietarios, é dicir, a Fundación Martínez Otero, deben liderar un diálogo aberto para buscar solucións e poñer en valor a edificación e a parcela, máis aínda sabendo que hai necesidades sociais e culturais e que, se se traballa de forma conxunta, calquera das dúas partes deben estar interesadas en que así sexa”.
Castiñeira considera que “as demais administración tamén deben colaborar”. Explica: “No PXOM, a parcela está destinada a equipamentos sociais; pola súa parte, o edificio está catalogado, pola súa importancia arquitectónica. Os intereses, do Concello, da Fundación e o dos veciños en xeral conflúen na conveniencia da posta en valor do edificio e da parcela, en relación a esas necesidades sociais e culturais que ten Foz”.
Os populares destacan que, nestes catro anos, o equipo de goberno (PSOE-BNG) nada fixo neste sentido. Castiñeira avisa: “Catro anos máis nesta situación e o edificio pode chegar a un deterioro moi grande; os veciños avogan por algún tipo de convenio entre o Concello e a Fundación, con participación das demais administracións, para dar cobertura a todas necesidades, como se fixo xa no seu momento, porque grazas á Fundación púidose facer unha residencia nova”.
No PP cren que “agora é necesario dotar a Foz de máis prazas residenciais, pero hai que ser máis ambicioso, porque a parcela é moi interesante para fines sociais e culturais en beneficio dos veciños de Foz, e tamén, claro, da Fundación, que é a propietaria e que se rexe por uns estatutos que é necesario cumprir.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



