A delegación de Educación tamén pon en marcha unha nova edición de Cervo Concilia á que se inscribiron corenta nenos/as
Cervo, abril de 2023. O concello de Cervo programa para esta Semana Santa actividades para todos os gustos e para todas as franxas de idade.
Neste senso, tal e como vén sendo habitual durante as vacacións escolares, a delegación de Educación volve poñer en marcha unha nova edición do programa concilia para colaborar coas familias nestas datas de descanso lectivo das crianzas. Será os días 3, 4 e 5 de abril, en horario de 8:30 a 14:30 horas, na Casa do Mar e hai inscritos corenta nenos/as.
Villares recordou que se trata dun programa que é xa un referente dentro da programación das vacacións escolares como “ferramenta para botarlle unha man ás nais e pais nesas épocas, ao tempo que os/as nenos/as tamén aprenden e desfrutan compartindo a experiencia con outros compañeiros”.
Eses mesmos días 3, 4 e 5 tamén haberá xogos xuvenís na Praza dos Campos, en horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas.
O luns 3, ás 19:30 horas na Praza do Souto está prevista a actuación infantil “Merlín”.
O martes 4, será Marta Doviro a que compartirá co público no auditorio da Casa da Cultura o seu monólogo “memorias dunha rapasa da costa”, ás 20:30 horas.
O mércores 5, David Catá ofrecerá un concerto no auditorio da Casa da Cultura, ás 21:00 horas.
O xoves 6 de abril, haberá un tributo a Bob Marley, ás 13:30 horas, na Praza dos Campos; e o venres á mesma hora a sesión vermú correrá a cargo nesta mesma praza do Grupo de Música de la O, ámbalas dúas citas dentro do ciclo de concertos “a caixa da música”.
O sábado 8 de abril, terá lugar a Gran Festa das Xeracións, organizada polo club de trail A Fume de Carozo, coa colaboración do Concello de Cervo. Será na carpa instalada na Praza dos Campos, en horario de 14:30 a 23:00 horas. O domingo, a asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza, coa colaboración do Concello, a Pascua, con xantar popular na carpa instalada na explanada do local social.
Ademais, o Concello de Cervo tamén pon a disposición das persoas que o desexen, bicis eléctricas en aluguer, os días 6, 7, 8 e 9 de abril, en horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas, na Praza dos Campos; e haberá inchables infantís para os máis pequenos na Praza do Souto, en Cervo, o 6 e o 7 de abril, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Desde o Concello de Cervo convidan a veciños e visitantes a desfrutar desta Semana Santa no municipio, na que a diversión está garantida.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



