Vilalba, 1 de marzo de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, enxalzou hoxe en Vilalba a relevancia da Feira do Queixo de San Simón da Costa, “unha cita gastronómica consolidada na provincia, capaz de impulsar a economía e o turismo dun enclave único como a Terra Chá”. A subdelegada, xunto á alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; e o Deputado Provincial, Roberto García, participou este sábado ao pregón da XXVI edición da festa, que correu a cargo da produtora de cine María Barro.
Isabel Rodríguez destacou o traballo e esforzo dos produtores locais para elaborar este queixo afumado, un produto artesanal de excelente calidade, con Denominación de Orixe Protexida e recoñecido a nivel nacional e internacional, e recalcou o compromiso do Goberno de España “na transformación e modernización das explotacións gandeiras, en gran parte de carácter familiar, que, ademais, achegan valores cada vez máis reivindicados como a sustentabilidade ambiental e o arraigo ao territorio”. Na súa intervención, a subdelegada felicitou á rexedora e ao equipo de goberno por seguir organizando unha iniciativa máis que consolidada e que tras 27 anos supón todo un referente na provincia, “un evento moi necesario para o desenvolvemento económico da comarca que reúne a milleiros de persoas durante esta fin de semana”, engadiu.
Ademais da exposición, degustación e venda de queixos, o programa inclúe outras actividades complementarias, desde talleres de elaboración de queixo a concertos de música.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



