O proxecto do BNG para O Valadouro vese fortalecido con numerosas e novas incorporacións
O Valadouro, mércores 26 de abril. O BNG vén de presentar a candidatura para a alcaldía de O Valadouro, candidatura con moitas e novas incorporacións co obxecto de liderar o goberno municipal para continuar avanzando no traballo iniciado desde a tenencia de alcaldía e desde as concellarías de cultura, obras e deporte, desde as que se situou ao concello como referencia en diversos ámbitos, coma no sector agrogandeiro ou nos eventos culturais e deportivos.
As novas persoas incorporadas na lista que acompañan aos actuais concelleiros Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro, son a directora da escola infantil Rosa Fernández Eijo no número 3 e Beatriz Álvarez Expósito, educadora infantil no número 4. O axente de Medio Ambiente Pedro Rolle vai no número 7. Completan as novas incorporacións, Emilio Palmeiro, traballador dunha auxiliar de Alcoa e Iván Lozano traballador tamén da factoría. Mar Lorenzo, profesora de matemáticas, Pilar Pardo, delineante e Salvador Lourido, xubilado , completan a lista de novas incorporacions a esta candidatura de persoas comprometidas co Valadouro e que tén vocacion de goberno.
A lista completa é a seguinte:
1. Eduardo Chao González
2. Eliseo Teijeiro Orol
3. Rosa María Fernández Eijo
4. Beatriz Álvarez Sixto
5. Jorge Vázquez Arteaga
6. Eva Folgueira González
7. Pedro Rolle Chaves
8. Ruth Rodríguez Bermúdez
9. Emilio José Palmeiro Rodríguez
Suplentes
1. Iván Lozano Iglesias
2. María del Mar Lorenzo González
3. Carlos Cornide Pumares
4. Pilar Pardo Pérez
5. Xosé Luis Chao González
6. Salvador Lourido Carreiras






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



