Diego Fernández Martínez encabeza unha candidatura formada por dezaoito veciños e veciñas comprometidos co futuro do concello
Cervo, sábado 15 abril 2023. Na noite de onte o BNG presentou a candidatura coa que concorre ás eleccións municipais do 28 de maio. Son 18 veciños e veciñas comprometidas co futuro do concello desde diversos frentes e sectores. O candidato Diego Fernández Martínez, de Lieiro, traballador de Alúmina, na factoria de Alcoa, actual portavoz municipal na corporacion cervense afirma que o necesario cambio que precisa Cervo tén que vir da mán do proxecto Bng, un modelo de éxito en moitos concellos xa e co cal Cervo pode e debe impulsar o seu desenvolvemento. “Un concello Bng é sinónimo de respecto polo público, de traballo honesto e honrado, e de toma de decisións valentes pensando no común” asegurou Diego Fernandez.
O candidato nacionalista estivo arroupado na presentación por diversos cargos do BNG e entre eles polo deputado Daniel Castro que na súa intervención animou aos presentes a traballar por levar a todos os concellos o modelo municipal do BNG que tan bons resultados para a cidadanía está dando xa en moitos municipios da Mariña e do país.
No acto intervíu tamén a candidata número dous, Zulema Murado, que presentou aos integrantes da lista que son os seguintes:
1. Diego Fernández Martínez
2. Zulema Murado Sánchez
3. David Angel Villares Sánchez
4. Sonia Vidal Cervo
5. Xorxe Caldeiro Díaz
6. María Pilar González Rey
7. Eden Vázquez Pillado
8. Lucía Limeres Pillado
9. Iban Sánchez Rodríguez
10. Ana Pampín Fernández
11. Moisés Teixeira Palmeiro
Suplentes:
1. Carmen Ventoso Lista
2. Adrian Cordido Eijo
3. Tareixa Lorenzo Oroza
4. Pablo Lourenzo Quatra
5. Xoan Anton Estúa García
6. María Fernandez Rei
7. Ramón Luis Bernardo Insua

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



