Foz, 1 de abril de 2023. O Concello de Foz destina 330.000 euros á mellora do firme de camiños en Trasmonte de Santa Cilla, Cordido, Cangas, Nois, Fazouro e Vilaronte.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “con cargo a 216.000 euros de fondos do Plan Único 2023 -aprobado este martes no pleno da Deputación de Lugo- vanse mellorar distintos viais. É a partida máis importante. Grazas á Deputación de Lugo imos facer un arranxo completo do firme en Trasmonte de Santa Cilla, tanto nos accesos como no vial que baixa á fonte, para o cal destinamos máis de 81.000 euros. Onte, venres 31 de marzo, comezamos en Trasmonte un bacheo de urxencia xa que os traballos proxectados vanse demorar ata finais deste ano 2023 ou comezos do 2024. Con cargo a este plan imos aglomerar en Cordido o vial que conecta a Fonte do Sixto coa estrada provincial LU-P-6303 e asfaltar o camiño que une o Barral coa Fabega, que está en moi mal estado. En Fazouro acondicionaremos a subida a O Raxal desde Lousada e en Nois imos actuar cun novo firme na subida a Trasmonte desde Carpacide, un vial fundamental que bacheamos pero que está en mal estado pola acción do transporte pesado para a saca da madeira. En Cangas completarase o aglomerado da subida a Ribela feito no ano 2022 e renovarase completamente o firme do Camiño de Liñares. Tamén vamos investir 43.500 euros na ampliación e mellora da conexión do centro de Vilaronte coa estrada a Ferreira, ampliando e aglomerando o tramo entre o cemiterio parroquial e a baixada ao Castro”.
Cajoto engade: “con fondos do Agader imos mellorar camiños en San Acisclo e na parroquia de Nois. En San Acisclo serán 40.000 euros os que permitirán aglomerar en quente a subida ao Redondo desde a estrada LU-152, conectando co tramo que se está a asfaltar nestes momentos con cargo a fondos do Plan Único 2022. En Nois aglomeraremos todo o entorno do Centro Social de A Saira entre a Nacional e a estrada da Deputación, rematando a actuación no vial pendente de arranxo que bordea o apeadoiro do ferrocarril. A actuación en Nois con cargo a fondos do Agader ascende a 23.600 euros”.
Ademais o Concello de Foz solicitou á Consellería de Presidencia unha subvención para a mellora de infraestruturas, que está pendente de resolución. En caso de concederse por un importe de 50.000 euros o Concello de Foz procedería a aglomerar o Camiño de Folgueiras en Alemparte (Cangas) e o tramo pendente do vial que une a Espiñeira coa Baesta, en Vilaronte.
“Desde o inicio deste mandato incidimos na mellora de camiños rurais, con actuacións menores pero que son moi importantes como os bacheos, pero tamén con proxectos de mellora integral en base aos orzamentos dispoñibles. Temos 100 quilómetros cadrados de extensión, pero pouco a pouco imos completando a mellora de viais, facendo fincapé naqueles camiños máis utilizados”, remata o alcalde.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



